Outro mundo posible?
Vía Manuel Gago, grazas.Vía Trafegando ronseis, grazas.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6850 entries already.
Vía Manuel Gago, grazas.Vía Trafegando ronseis, grazas.
No artigo da semana falo do «Día de mortos»mexicano, efeméride que coincide coas nosas de Santos e Defuntos ou do Samaín.Neste vídeo de carácter didáctico (doce minutos) amplíase a información sobre estas festas do «Outromundo». Documental día de muertosCargado por ruder7
Era de agardar. O blog de Juan Palomo de El Cultural (El Mundo) publica unha anotación na que expresa a súa indignación pola concesión de dous premios nacionais a dous autores galegos. O comentario non ten perda: También en los premios Nacionales de Literatura que otorga el Ministerio de Cultura parte el bacalao la cuota […]
Rafael López Loureiro, o primeiro estudoso e animador do Samaín galego, envíame o programa de actividades do Samaín de Cedeira que ven animando de forma ininterrumpida dende hai dezaoito anos. A festa comezará esta tarde de sábado, ás cinco da tarde coa recollida de melóns para irse apuntando ao Concurso Exposición de caveiras. Tamén haberá […]
Volve a campaña de Gadis.
Coñecemos por culturagalega.org outra noticia fatal para as letras galegas: morreu onte o narrador e ensaísta Anxo Rei Ballesteros, o xenial autor de Dos anxos e dos mortos e de Loaira, dúas das máis memorables novelas galegas do século XX. Hai dúas semanas Suso de Toro, tras o derradeiro encontro con Anxo, dedicáballe este fermoso […]
Hoxe hai setenta anos que Orson Wells protagonizou o famoso radiograma sobre «A guerra dos mundos» que provocou o pánico de milleiros de persoas que o escoitaron convencidas que a terra era invadida polos marcianos. Aquela dramatización e adaptación para a radio de Orson Wells (daquela un mozo) da novela homónima de H.G. Wells (hai […]
Moi atractivo o programa do V Simposio O libro e a lectura no que se abordará a situación do libro galego no mundo. Especial interese teño en escoitar Josep Bargalló, o responsable do Institut Ramón Llull. Coñecer a experiencia catalana pode axudarnos a perfilar cales deben ser as características da nosa ferramenta de xestión para […]
Carlos López, o autor de Minimaladas (Premio Merlín 2008) foi declarado hoxe gañador do Premio Raíña Lupa 2008 pola súa obra A peripecia de Roi. Precisamente, estes días, metimos no prelo Novas minimaladas, continuidade do seu libro anterior, ilustrada tamén polo seu amigo David Pintor. Beizóns para o bo de Carlos.
Tras a polémica Steiner reflexionamos moito sobre o posicionamento da cultura galega no mundo. O debate foi ben produtivo e, finalmente, matizado. Nós chegamos á conclusión que como editores galegos tiñamos a responsabilidade de contribuír a profundizalo. Esta foi a razón que nos levou a explorar as posibilidades de traducir algunha das obras do polémico […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
