Retrasocero.com
Espectacular comezo publicitario do do Xornal de Galicia. Moi ben, moi ben!
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6850 entries already.
Espectacular comezo publicitario do do Xornal de Galicia. Moi ben, moi ben!
A edición de Vieiros dá conta hoxe dos datos, referidos ao ano 2007, extraídos do Anuario de Estatísticas Culturais do Ministerio de Cultura. Os datos amosan un crecemento da edición en Galicia (previsiblemente, a maior parte en castelán) e unha diminución da edición en galego, como xa adiantáramos no blog nesta anotación de comezos do […]
Recomendo os arquivos de Trafegando ronseis, blog que fai diariamente un traballo admirable de seguimento de todos os recursos existentes na rede contra a violencia machista. Beizóns!
CAN (Caja Navarra) utiliza You Tube para explicar as razóns polas que acudiu á poxa de activos públicos. Semella realmente innovadora a súa estratexia de Banca Cívica. Un exemplo de utilización dos medios da web 2.0 na mercadotecnia bancaria.
Onte vimos en Vigo a representación d’ Unha primavera para Aldara, o primeiro texto dramático de Teresa Moure, gañador do Premio Rafael Dieste 2007. A adaptación de Xulio Lago e do elenco de formidables actrices da veterana compañía Teatro do Atlántico prendeunos completamente durante dúas horas. A pesar da dificultade da posta en escea dun […]
No artigo da semana reclamo a coraxe das autoridades municipais para evitar que o edificio da Panificadora sexa derrubado tal como propón a iniciatica cidadá de Outro Vigo é Posible.
Pareceume moi interesante a entrevista que Galicia hoxe publica con Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte. O que máis me chamou a atención é o escaso interese que se lle concede á cuestión do libro e a lectura nun amplo percorrido polos temas da axenda da consellaría de Cultura durante a lexislatura (Cidade da […]
Recollo de Michelena unha anotación moi útil sobre as características óptimas que para Gerry Purdy deberían ter os e-books para que se convertesen nos soportes de lectura preferidos polo 75% dos lectores e lectoras no espazo dos vindeiros dez anos. Un rápido resume dun texto moi prospectivo: Tamaño correcto: máis grande ca un iphone, máis […]
Xa está todo preparado para Cultur.gal 2008, a feira das industrias culturais de Galicia. A participación de empresas, colectivos e entidades é importantísima, supoñendo un claro paso adiante sobre a primeira edición, celebrada en Pontevedra o pasado ano. A nosa achega ao programa serán catro presentacións de novidades do trinque: A corpo aberto de Manuel […]
«A lectura non é unha área máis, é a peza fundamental para aprender o resto das asginaturas», dixo Fernando Reimers, catedrático da Univeridade de Harvard, na lección que inaugurou a semana monográfica, organizada pola Fundación Santillana, «La lectura en la Sociedad de la Información». O profesorado de calquera das materias debe ler co seu alumnado, […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
