Recibimos con alegría o primeiro número de Xornal de Galicia, a primeira cabeza periodística que se define como galeguista no periodo autonómico. Haberá tempo para aquilatar as intencións e a liña informativa do proxecto encabezado por José Luis Gómez, mais é indubidable que a presentación do produto é impecable (especialmente o deseño e a disposición tipográfica) e o enfoque informativo moi atractivo para a lectura. Un medio que abre un pouco máis o pluralismo informativo no país, abandonando a confrontación entre territorios polo debate entre posicións ideolóxicas. Un paso importante para a nación. Benvido, pois, este Xornal de Galicia saído hoxe de trinque. Desexámoslle os maiores éxitos.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2014/03/5990d0de1f6877bca6b6837f04e42f744bbdd275.jpg214320bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2008-12-09 19:11:002008-12-09 19:11:00Benvido, «Xornal de Galicia»
3comentarios
Anonymous Dice:
O estiven olleando na sua web, a ver si e verdade k …”abre un pouco máis o pluralismo informativo no país, abandonando a confrontación entre territorios polo debate entre posicións ideolóxicas.” O k me sorprende e k está a mitade en galego e a outra en castelan (todos os publicos)
Segun teño entendido o dueño e o promotor reconvertido a editor de “San José” cousas da crisi A.coruñes
Anonymous Dice:
Arredemo, señor Brétemas, se o máis positivo que atopa no Xornal este é o deseño e a tipografía… mal (pero que moi mal) vamos.
Anonymous Dice:
Feita a primeira incursión en Xornal de Galicia (versión dixital Xornal.com) mal empezamos…
O meu comentario versaba sobre o pluralismo e preguntabame se ‘galeguistas e progresistas’ eran unha ou dúas categorías…?
Pero lamentablemente este comentario NON FOI PUBLICADO…
Agora teremos que ver o rumbo que colle o barco pero de entrada NON!
O estiven olleando na sua web, a ver si e verdade k …”abre un pouco máis o pluralismo informativo no país, abandonando a confrontación entre territorios polo debate entre posicións ideolóxicas.”
O k me sorprende e k está a mitade en galego e a outra en castelan (todos os publicos)
Segun teño entendido o dueño e o promotor reconvertido a editor de “San José”
cousas da crisi
A.coruñes