Entradas por bretemas

Pola volta da irmandiña

No artigo da semana pretendo achegar razóns que aconsellan a volta da Irmandiña. Non teño dúbidas de que a liquidación das seleccións absolutas de fútbol forma parte da estratexia da degradación identitaria acometida por Feijóo («deconstrución» ou «subtracionismo» no máis recente libro de Manuel Rivas). Triste goberno que até nos rouba a posibilidade de vivir […]

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/SndmKXvB4lk” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] De todos os vídeos e presentacións didácticas que ven publicando Trafegando ronseis (un dos meus preferidos do blogomillo) de loita contra violencia machista (máis dun centenar) escollo no día de hoxe esta peza, «Vive o muere», primeiro premio de «- es +», un proxecto que trata de concienciar aos […]

Ler é

É moi atractivo o portal Leer.es que acaba de abrir o Ministerio de Educación coa intención de transmitir o entusiasmo pola lectura e animar a súa práctica. Ademais do seu deseño coidado e contemporáneo (na liña da web 2.0), pareceume de gabar o esforzo por chegar os contidos tanto ás familias como aos docentes. Recóllese […]

Campo do Fragoso LXXXV

A PACIENCIA AGÓTASE Ninguén agoiraba a debacle de onte fronte ao Villarreal B, o único filial da categoría. Os de Eusebio amosaron a súa faciana máis fea, tanto na primeira parte cando tiveron algunhas oportunidades e demostraron a súa incapacidade total para marcar, como na segunda cando foron arrollados polos mociños amarelos e quedaron envurullados […]

Maloserá

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/d9TSQr5n9Qo” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Gustoume o ton melancólico (moi apropiado para tempos de crise) do anuncio de Gadis deste Nadal, maloserá!

O futuro dos libros dixitais

Inevitablemente, o artigo da semana (misteriosamente non aparece este domingo na web de Faro) reflexiona sobre o futuro dos libros dixitais. O libro dixital centrou esta semana o noso debate cultural. A celebración dun simposio, organizado pola Asociación Galega de Editores, sobre o presente e o futuro do libro dixital, e a publicación por Xerais […]