Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/SndmKXvB4lk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

De todos os vídeos e presentacións didácticas que ven publicando Trafegando ronseis (un dos meus preferidos do blogomillo) de loita contra violencia machista (máis dun centenar) escollo no día de hoxe esta peza, «Vive o muere», primeiro premio de «- es +», un proxecto que trata de concienciar aos adolescentes sobre esta cuestión.
A única posibilidade que vexo de superar a longo prazo esta lacra da violencia contra as mulleres é acometer un traballo educativo en profundidade que axude a desbotar os patróns machistas de relación entre os mozos e as mozas. Sei que non é doado, mais debemos intentalo con toda a convicción. Para iso quizais poden axudar efemérides como a que celebramos hoxe.

5 comentarios
  1. Ronsel
    Ronsel Dice:

    Moitas grazas polo comentario, pola proximidade, polo traballo. Si, estamos convencid@s de que a educación é a arma que posuímos, como en tantos outros temas, por iso seguimos aquí, procurando facelo o mellor posíbel.
    Saúdos afectuosos

  2. Un lector
    Un lector Dice:

    Súmome ás loanzas para as persoas responsables de “Trafegando ronseis”. Un blog imprescindible, atento á actualidade, divertido e reflexivo, orixinal… O único problema que teño con el é que case non son quen de lles seguir o ritmo de publicación!

  3. Traballo ben feito
    Traballo ben feito Dice:

    Ese vídeo foi idea dun grupo de escolares de Barcelona de 12 anos baixo a supervisión duns docentes moi comprometidos co seu traballo. Aínda queda xente que toma en serio o se apaixona polo que fai e estes docentes son un bo exemplo.

Trackbacks y pingbacks

  1. […] muros que separan os seres humanos para protexer os privilexios dunha minoría. Continúa a violencia machista contra as mulleres e non cesan os conflitos bélicos como os de Afganistán e Irak e as guerras ocultas en case trinta […]

Los comentarios están desactivados.