O Supremo nega que o sistema educativo galego discrimine ao castelán

A sentenza do Tribunal Supremo do 24 de outubro de 2009, da que soubemos esta mañá por Faro de Vigo e La Opinión da Coruña, debe axudar a recuperar o consenso arredor da utilización do galego como lingua vehicular no ensino non universitario . Particularmente importante resulta que este fallo negue que o sistema educativo galego discrimine ao castelán, desbotando os falaces argumentos da imposición lingüística utilizados polo PPdeG e polos sectores galegófobos cada vez máis nerviosos e decepcionados polo comportamento do presidente da Xunta, como se pode comprobar nesta carta ao director publicada tamén hoxe. Agardemos como retrucan os sectores galegófobos organizados diante desta sentenza do Supremo que nega dúas das súas principais aspiracións: a posibilidade de separación do alumnado por razón de lingua e a posibilidade de que as familias escollan os contidos do currículum que cursen os seus fillos. Unha sentenza que convirá estudar devagariño.

O texto da sentenza pode baixarse en pdf aquí (seis folios).

Recomendamos a lectura das valoracións de GPH e Prolingua sobre esta sentenza.

4 comentarios
  1. Ollo de Vidro
    Ollo de Vidro Dice:

    Atención á resposta do TS: “La discriminación se produciría precisamente en el caso de que la Administración autorizase lo pretendido por el demandante, en el sentido de permitir que, a criterio del peticionario, se pudiera cursar un determinado tipo de estudio con olvido o marginación de una de las lenguas concurrentes”. Frase para enmarcar e coa que deberían lavar a boca os profetas da “imposición”.

  2. S.
    S. Dice:

    Xa houbo outras sentenzas do TS a este respecto en relación co ensino en Cataluña, onde á única materia que se dá en castelán é a de “lingua e literatura castelás” (o resto dáse todo en catalán ou nalgunha lingua estranxeira). O TS apoiou o sistema de inmersión lingüística catalán coa condición de que ao final do ensino obrigatorio o alumnado fose plenamente competente en castelán. Sendo así, non hai límite no número de materias que se poden dar na outra lingua oficial. Isto é, non ía haber problema ningún por parte do TS en que tivésemos un sistema de inmersión lingüística en galego (todas as materias en galego, agás lingua castelá e linguas estranxeiras).
    Para quen aínda tiver receos en apoiar a total inmersión lingüística en galego, os resultados dos exames da selectividade en Cataluña indican que a competencia lingüística en castelán do alumnado catalán é igual ou superior ao do resto das CCAA (mesmo superior a algunhas que só teñen como lingua oficial o castelán). Isto explícase, en parte, pola omnipresenza do español nos medios de comunicación e, practicamente, en todos os medios orais e escritos, de modo que é inevitábel, sen querer, ter unha alta competencia en lingua castelá.
    Para min está ben claro: os argumentos do PP en relación co galego no ensino son falsos, auténticas falacias ao servizo dos máis baixos intereses políticos (non ao servizo da sociedade galega). A política deste partido é, evidentemente, desgrazadamente, lingüicida.

Trackbacks y pingbacks

  1. Información Bitacoras.com…

    Esta anotación ha sido propuesta por un usuario para ser votada en Bitacoras.com.
    Para que el proceso finalice, deberás registrar tu blog en el servicio….

Los comentarios están desactivados.