Entradas por bretemas

Xa temos finalistas dos Premios Xerais 2010

O xurado da XXVII edición do Premio Xerais de Novela formado por Comba Campoy (actriz), Manuel Ángel Candelas Colodrón (profesor da Universidade de Vigo e blogueiro), Roberto Pérez Pardo (profesional do libro), Belén Regueira (xornalista), Antón Sobral (pintor) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar […]

Os previsibles argumentos de campaña

No Taboleiro do Colmeiro debúllanse as argumentacións que previsiblemente (ao fío dos textos que manexa a SXPL) serán utilizadas na campaña publicitaria sobre o Decreto de Plurilingüismo, na que a Xunta gastará un millón de euros. Semella que todas elas incidirán na idea xeral de que o decreto fomenta o uso e a aprendizaxe do […]

A Coruña, a cidade que le, convoca un concurso de biblioclips

Onte na presentación de Níxer na Casa Museo Casares Quiroga tiven oportunidade de comprobalo unha vez máis: o concello da Coruña en cuestión de lectura é un modelo a seguir. Xa non é só o funcionamento modélico da rede de Bibliotecas Municipais, agora tamén o é a súa campaña transversal de animación lectora que baixo […]

Magnífico discurso de Antón Louro nos Premios da Crítica

Onte cheguei tarde á cerimonia de entrega dos Premios da Crítica 2010 celebrada en Mondariz Balneario. Magooume non poder ver a entrega do premio de creación literaria que recibiu Suso de Toro. Un premio que moito me aledou. O esforzo literario de Sete palabras merecía un recoñecemento deste tipo; a novela recibira boas valoracións da […]

«Makinaria» de Carlos Negro, unha extraordinaria guía de lectura

Recomendamos moi vivamente esta extraordinaria guía de lectura en formato web de Makinaria, o poemario de Carlos Negro publicado en Fóra de Xogo. A guía preséntase como un recurso dixital interactivo e multimedia, dirixido a cada un dos lectores do poemario. Como sinalan no blog Trafegando ronseis esta proposta foi elaborada en formato LIM e […]

«Dona Carme», novas versións

Dona Carme View more presentations from ryusak10. Dona carme2 View more presentations from carmina4. Procuraba unha versión na rede de Dona Carme para utilizar como apoio visual hoxe na Casa da Lectura, cando atopei estas dúas, a que ilustrou Carreiro en 1990, e a segunda, versionada e protagonizada polos nenos e nenas do Primeiro Ciclo […]