Entradas por bretemas

Don Paco del Riego e o zume da terra

[…] Don Paco, que acaba de publicar da man de Caixanova un magnífico volume titulado Vigo sentimental, conclúe mañá un mandato brillantísimo no que conseguiu revitalizar a institución proporcionándolle unha capacidade descoñecida de relación co mundo cultural e social e de independencia do poder político. En a penas catro anos de traballo febril e de […]

Toda a responsabilidade do caos aeroportuario é dos controladores?

A pesar da unanimidade dos ditirambos dos tertulianos e da lexítima e irada protesta dos viaxeiros tirados polos aeroportos, cústame moito crer que toda a responsabilidade de semellante caos corresponda ao «egoísmo dos controladores». Semella que o proceso de privatización de AENA (unha empresa pública rendible), anunciado polo Goberno hai uns días, como a incapacidade […]

Manifesto por unha rede neutral

Os cidadáns e as empresas usuarias de Internet adheridas a este texto MANIFESTAMOS: 1. Que Internet é unha Rede Neutral por deseño, dende a súa creación até a súa actual implementación, na que a información flúe de maneira libre, sen discriminación ningunha, en función de orixe, destino, protocolo ou contido. 2. Que as empresas, emprendedores […]

A herdanza de don Paco

En Faro de Vigo de hoxe publico esta homenaxe á figura de don Francisco Fernández del Riego. Tras unha vida feita, Francisco Fernández del Riego, don Paco, deixa unha extraordinaria herdanza: a súa lección vital de dignidade e coherencia organizando de forma teimosa e continuada en Galicia o partido da esperanza. O pasamento do derradeiro […]

«Asasinato no Consello Nacional», booktrailer

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/ZGHPUxRISnQ” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Booktrailer de promoción da novela Asasinato no Consello Nacional de Diego Ameixeiras, editada orixinalmente ne lingua galega por Edicións Xerais de Galicia. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez.

Campo do Fragoso XCVII

HERRERA ACERTOU Despois de cinco xornadas consecutivas sen gañar, o Celta despexou calquera tipo de dúbidas da bancada e dos rivais obtendo unha clara e merecida vitoria fronte o Albacete, un equipo que até agora nunca saíra vencido nas súas visitas a Balaídos. Semella que por un descoñecido fado os fortes ventos deste novembro das […]

Cidades amigas da infancia

No artigo da semana, ao fío da celebración do Día Mundial da Infancia, reflexiono sobre a situación da Infancia e sobre o modelo de Cidades amigas da infancia que propón UNICEF. O sábado conmemorouse a data na que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a “Declaración Universal dos Dereitos do Neno” en 1959 e […]