Entradas por bretemas

«O pintor do sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro, o booktrailer

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/8YtEqGgkIVQ” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Booktrailer da novela O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009 e premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil de 2010. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez e as ilsutracións son de Ramón Trigo.

Campo do Fragoso C

HAI MOITA LIGA O empate conseguido fronte ao Xerez, case no derradeiro salaio do encontro de onte, na única ocasión clara de gol que tiveron os andaluces en noventa minutos, evidencia que o Celta para acadar o seu obxectivo, unha das dúas prazas de ascenso directo, non pode renunciar en momento ningún a calidade do […]

Con del Riego

Hoxe participaremos  na homenaxe a Francisco Fernández del Riego que se celebrará ás 19:30 horas no Auditorio do Centro Social de Novacaixagalicia de Vigo.

Visión 2020, tendencias das tecnoloxías sociais

O meu admirado Javier Celaya publica na revista dixital Dosdoce unha moi valiosa anotación prospectiva arredor do futuro das tecnoloxías sociais ao longo desta década que comeza. O interesante do traballo non son tanto as predicións que realiza como as tendencias que cada unha delas sinala. Un texto que axudará a superar prexuízos, vencer algúns […]

Inauguración da Cidade da Cultura

O acto de inauguración da Biblioteca e do Arquivo de Galicia, que suporá tamén a apertura ao público  da Cidade da Cultura a partir de mañá, amosou a profunda fenda que nesta lexislatura se abriu na política galega. Resultoume incomprensible a ausencia no acto dos membros do BNG, o partido que tivo a principal responsabilidade […]

A chamada «lei de convivencia»

No artigo da semana de Faro de Vigo analizo os contidos e a orientación política da chamada «lei de convivencia e participación da comunidade educativa« (cuxo texto completo pode baixarse en pdf aquí). Aproveitando o acougo das vacacións de Nadal o conselleiro de Educación presentou o borrador do anteproxecto de Lei de convivencia e participación […]