Entradas por bretemas

Onte 20: Vigo, arquitectura perdida

Do fío do meu benquerido Ramón Nicolás cheguei a esta magnífica peza sobre a arquitectura do Vigo perdido, aquel que percorreron Couto arriba os nosos avós, que eran, por certo, irmáns da estirpe Beleira. As marabillas da tecnoloxía permiten recuperar a fasquía primixenia daquelas edificacións pétreas derrubadas ou deturpadas pola avarenta teima «desarrollista». Lonxe da […]

Onte 19: Vicente Paz

Na primeira das catro magníficas sesións da Conferencia Internacional do Libro, Vicente Paz, o responsable de Leya de Brasil, ditou unha completa lección sobre a situación do sector editorial no Brasil e as posibilidades que supón para o sector editorial galego. O noso editor emigrante, quizais, tamén, o noso editor máis internacional, apenas era coñecido […]

Onte 18: Oubiña

A mellor noticia do partido foi comprobar que Borja Oubiña vai collendo forma. Tras varias tempadas de calvario e dun esforzo de autosuperación impresionante, o capitán celeste volve ser futbolista. Onte vimos como a súa participación é capaz de estruturar o xogo do equipo; comprobamos como a súa colocación, sempre oportuna, contribúe ao reforzar o […]

Campo do Fragoso CXII

ORELLANAZO O Celta non é capaz de collerlle o fío a esta tempada que, polo visto estes dous primeiros partidos en Balaídos, se agoira será aínda máis difícil ca pasada. O de onte foi un partido maliño que rematou, afortunadamente para os nosos, no derradeiro minuto do desconto cunha extraordinario «orellanazo». Un empate in extremis, […]

Fracaso escolar

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da actual situación de recurtes no ensino público, lembro a pegada marcante de Lorenzo Milani e a súa escola de Barbiana, para logo reflexionar sobre as taxas de fracaso escolar. Unha das lecturas marcantes, dentro da miña formación como pedagogo, foi Carta a una maestra […]

Onte 17: «A árbore da vida»

As máis de dúas horas de The tree of life fóronse nun plis plas. Xa lera cousas suxestivas sobre a película de Terrence Malick, que prometían o mellor. Agardaba atopar a beleza dun poema visual. Sabía que asistiría a deconstrución dun relato familiar da América profunda, unha historia iniciática, que explora as claves dunha ruptura. Estaba […]

Onte 16: «A Nosa Terra»

A liquidación xudicial da empresa Promocións Culturais Galegas leva á desaparición do proxecto do semanario A Nosa Terra e do seu diario dixital, así como á dunha das editoras de referencia e máis dinámicas na cultura literaria galega das tres últimas décadas. Na miña historia persoal permanecerá sempre a lembranza que foi nun dos primeiros […]

Onte 15: Todos somos Troy Davis

Troy Davis foi executado no estado de Xeorxia tras padecer durante VINTE ANOS a tortura de permanecer no corredor da morte. Desta volta non houbo aprazamento, a pesar da existencia de fundadas dúbidas sobre a súa culpabilidade, tras a negativa do Tribunal Supremo de paralizar a execución. De nada servíu que os seus defensores presentasen […]

Onte 14: Galicia quedou sen caixa

Lin que García de Paredes, o director adxunto de Novacaixagalicia prexubílase con 51 anos. Durante un anaco quedei conmocionado, xa que é a primeira vez que sei de algúen que se «prexubila» sendo máis novo ca min, o que debería supoñer outro síntoma de que me estou facendo maior. Mais comprendín que esa «saída» ben […]

Entrevista en «El Ideal Gallego»

Creo que é interesante recoller a entrevista (pdf) que me fixo Carmen Alonso publicada o pasado domingo nos xornais El ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños. Creo que dá algunhas das claves das nosas preocupacións profesionais deste tempo.