Día dos Dereitos Humanos
Open publication – Free publishing – More infancia Magnífico traballo de Francesco Tonucci sobre os dereitos dos nenos e nenas. Un clásico. Vía Ronseis.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6822 entries already.
Open publication – Free publishing – More infancia Magnífico traballo de Francesco Tonucci sobre os dereitos dos nenos e nenas. Un clásico. Vía Ronseis.
Tras o pacto do euro, os que saben destas cousas coinciden en que, polo momento, o proxecto europeo saíu fortalecido e que haberá máis e máis duros recurtes dos servizos públicos en cada un dos estados para cumprir a «regra de ouro» de evitar desviacións do déficit superiores ao 0,5%. En definitiva, os politócratas da […]
Grazas á paciencia e oportunidade do xornalista Xulio Abollo contamos, por fortuna, con esta gravación realizada o pasado 29 de novembro na FIl de Guadalajara cun teléfono móbil do discurso de recepción de Agustín Fernández Paz do Premio Iberoamericano SM. Un documento excepcional que pasará a historia literaria nosa, probablemente, como o «Discurso dos abrazos« […]
Conectei o blog de xeito permanente con Anfiteatro GZ radio, unha emisora libre que emite en Internet en galego as vinte e catro horas coa intención de fomentar a música e a literatura de noso. Polo momento, emite só música, cunha importante presenza da galega, aínda que pretende completar a programación con novas de actualidade […]
Nun país desmemoriado coma o noso a poucos pode parecerlles estraño que o oitenta aniversario da fundación en Pontevedra do Partido Galeguista apenas merecese unhas poucas referencias en Internet. A páxina da Galipedia lembra moi oportunamente que na histórica asemblea de constitución se acordou reclamar por vez primeira na historia de Galicia o dereito de autodeterminación e […]
Unha marabillada que recomenda Martin Pawley.
A pesar da súa admirable ambigüidade, algo imos sabendo xa das intencións de Mariano Rajoy. Para evitar males maiores poñerase ás ordes do proxecto autoritario do conservadorismo alemán anunciado onte polo directorio Merkozy. As primeiras medidas económicas serán de aúpa. O 30 de decembro dará a coñecer as características dun recurte orzamentario que será, sen […]
O soño de Culturgal é un proxecto consolidado. Na derradeira xornada o público familiar volveu encher as instalacións do Pazo da Cultura pontevedrés confirmando a tendencia exitosa de xornadas anteriores. Especialmente seguidas polo público foron as conversas de Salón, un modelo atractivo e alternativo ás presentacións convencionais de libros e discos. A este interese non […]
No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da publicación por Xerais de Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso e Vigo, a explosión dos 80 de Víctor de las Heras, reflexiono sobre o carácter dinámico e disruptivo da nosa cidade. O 27 de decembro de 1981 o cine Salesianos, que […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
