Onte 88: As conversas de Culturgal

O soño de Culturgal é un proxecto consolidado. Na derradeira xornada o público familiar volveu encher as instalacións do Pazo da Cultura pontevedrés confirmando a tendencia exitosa de xornadas anteriores. Especialmente seguidas polo público foron as conversas de Salón, un modelo atractivo e alternativo ás presentacións convencionais de libros e discos. A este interese non foi alleo a intervención do equipo de xornalistas culturais que conversaron cos autores e autoras. Ana Romaní, Manuel Jabois, Xesús Fraga, Belén López e Teresa Cuíñas amosaron o alto nivel do xornalismo cultural que se está facendo no país. Hoxe merecen o noso maior recoñecemento.

1 comentario
  1. Manuel González
    Manuel González Dice:

    Eu só estiven no sábado. Gustome moito escoitar a Rivas e Cuerda, pero -na miña opinión- Javois estivo mal. Resultaron irrelevantes as preguntas a Rivas, que contestou á marxe daquilo que se lle preguntaba, e menos mal!; foi pouco respectuosa co público a súa actitude cando se decatou de que “aínda estaba conectado” e malia todo soltou os cables. Ademais, José Luís Cuerda ficou só no set mentre pasaban as imaxes adiantadas de Todo é silencio: non se deixa só un convidado nesas circunstancias. Curioso tamén o contrate entre o título da novela-peli e o molestísimo balbordo de fondo.
    A min tamén me gusta que haxa iniciativas coma esta, e celebro moito que melloren ano a ano, pero o post creo qeu é un chisco autocompracente. Saúdos

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *