Entradas por bretemas

Birth of a Book

Birth of a Book from Glen Milner on Vimeo. Esta curtametraxe de Glen Milner iustra o que foi, hai uns anos, o proceso de impresión offset e encadernación en tapa dura dun libro analóxico. Hoxe a tecnoloxía do directo á prancha suprimiu o procesos de montaxe por imposición (que se ve nas secuencias iniciais) e […]

Onte 212: Educación e Sanidade no punto de mira

Na entrevista ao Frankfurter Allgemeine o ministro de Guindos puxo a educación e á sanidade como próximos obxectivos das «reformas» do goberno Rajoy. Experimentados como estamos na interpretación destes eufemismos económicos, non é difícil interpretar que, probablemente, os orzamentos de 2013 ou o chamado programa de estabilidade incluirán importantes recurtes nos sistemas de educación e […]

Onte 211: Vigo, sitio distinto

Segundo os organizadores da Semana Santa de Vigo a falta de costaleiros, que obrigará á suspensión da procesión do Encontro, débese á «idiosincrasia» viguesa. O alto índice de «inmigración industrial», «a falta de tradición de procesións», «o despoboamento do centro» e, sobre todo, a baixa asistencia á misa dominical dos vigueses explica esta falta de […]

Onte 210: 291.289,43€

A querela da fiscalía por fraude fiscal contra Gerardo Conde Roa é un escándalo. Debullando sobre o relato do caso, non sei o que me produce maior repugnancia: se o feito de que deixase de declarar 291.289,43€ do IVE, que cobrou aos clientes aos que vendeu 61 vivendas de protección oficial, ou se a súa […]

Onte 209: Oficina da Literatura Galega

Na mesa redonda sobre «A literatura e o audiovisual galegos e a súa proxección internacional» do Encontro Festlatino 2012 do Consello da Cultura Galega, na que participei xunto a Suso de Toro e Margarita Ledo, volvín defender a creación dunha Oficina da Literatura Galega. Experiencias exitosas como a catalá ensinan que para desenvolver unha extratexia internacional […]

Onte 207: Ardeume

As dimensións espectaculares do incendio desta fin de semana nas fragas do Eume –segundo a Consellaría de Medio Rural afectou a 750 hectáreas, aínda que outras estimacións, como a da Consellaría de Medio Ambiente chegan as mil e a do alcalde da Capela as 1.500– provocan desolación tanto polas perdas irreparables neste patrimonio da humanidade, […]

Campo do Fragoso CXX

CELTA GALEGO Nove xogadores da Terra, a maioría formados na canteira da Madroa, formaron o equipo inicial dun Celta que confirmou con claridade a súa candidatura ao ascenso directo. A aliñación máis galega que lembramos en décadas, que nin sequera mellorou aqueloutra do ascenso da tempada 68/69, na que xogaban Costas, Manolo, Luis Villar, Lito […]