Entradas por bretemas

Onte 330: Novos contidos de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos

Non foi unha sorpresa a aprobación dos novos contidos de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos que entrarán en vigor o vindeiro setembro. Unha importante medida educativa escurecida polo recortazo dos 102.000 millóns de euros agochado por Rajoy na súa insólita primeira roda de prensa tras un Consello de Ministros. A preparación dos novos libros de […]

Onte 329: «Arraianos», o filme

A nova da premiere mundial, mañá 4 de agosto, no 65º Festival Internacional de Locarno (un dos catro máis importantes e veteranos do cinema europeo) de Arraianos, a película de Eloy Enciso, merece aínda maior atención e agarimo da que está recibindo. A elección de Arraianos como única película española para participar na carreira polo Leopardo de ouro na […]

[Manuel Rivas na Feira do Libro da Coruña, 01-08-2012]

A memoria non é un arquivo intacto, ten que sincronizarse cos latexos que nos moven, con esa dínamo que pon en marcha as pulsións. A memoria é esa viaxe que leveda, existe cando somos capaces de activala.

Onte 328: Novela da vida

Empezou forte a Feira do Libro da Coruña. Ao mediodía na inauguración xa foi magnífico o pregón de Cesáreo Sánchez iglesias defendendo a Coruña literaria e o carácter variable do seu verán atlántico. Pola tarde comezou o bulir de milleiros de visitantes e durante o serán os primeiros actos literarios desbordaron o aforo da carpa, […]

Onte 327: Un concepto sinxelo de edición

Agradezo a Xabier P. Igrexas que tuitease unha clarificadora definición do concepto actual de edición. Efectivamente, neste período de tránsito, se falamos de ficción, o produto da edición é a «historia» («relato» tamén valería); e, se falamos en termos xerais, acoutando a definición de Bob Mayer, o produto da edición é o contido (o texto […]

Onte 326: A lección de Feijoo

A redución do número de membros do Parlamento de Galicia, que pretende impoñer Feijoo, non ten que ver só coas políticas de austericidade das que tan amigo é o presidente da Xunta. Abonda con ler hoxe a información de Atlántico para comprobar que só o gasto en asesores para o seu gabinete (2,3 millóns de euros) […]