Entradas por bretemas

Onte 360: «La semilla inmortal»

Relín algúns dos capítulos de La semilla inmortal. Los argumentos universales en el cine, un ensaio de Jordi Balló e Xavier Pérez, que hai unha década me recomendou Agustín Fernández Paz. Dende entón, frecuento as páxinas dun libro que é para min unha gozada . Máis de trescentas páxinas nas que se fai un repaso […]

Luis Torras, o pintor centenario

No artigo da semana en Faro de Vigo lembro a figura do pintor Luís Torras, o decano dos artistas galegos, a piques de cumprir cen anos. As reviravoltas da vida permitíronme saber hai uns días que o meu avó, o ebanista Suso “Beleiro”, preparou algúns dos marcos dos óleos de Luis Torras Martínez, o pintor […]

Onte 359: Comeza o curso

Hai xornadas de arrinque, coma de onte. Abrente de esperanza para as persoas máis queridas. Limiar dunha carreira electoral aínda aberta, a pesar das dificultades para recompoñer as pezas da trabe nacionalista. Soleira da ilusión celtista cunha traballada e sólida vitoria, da que non puidemos participar no estadio. Mais tamén inicio de días máis difíciles […]

Onte 358: Asonada

Hai máis de trinta anos que un membro do exército non realizaba un pronunciamento político tan contundente. Segundo o coronel Francisco Alamán Castro, se Catalunya proclamase a independencia, sería inevitable unha intervención do exército español. «¿A independencia de Cataluña? Por riba do meu cadáver.» Máis claro, auga. A entrevista publicada en Alerta digital, un medio […]

Onte 357: Camiño do Ézaro

A etapa da Vuelta que rematou no Mirador do Ézaro foi espectacular. Despois de xantar, apampei diante do televexo (como dícían Manuel María e Celso Emilio Ferreiro) seguindo un dos meus percorridos preferidos do país, o que vai dende os vieiros da ría de Muros, para logo pasar por Louro, Lira, Carnota e subir ao […]

[Alberto Manguel, «El sueño del Rey Rojo», Alianza Editorial, páxina 475]

Ler é a capacidade de entrar nun texto e exploralo ao máximo das nosas habilidades persoais, tomando posesión súa nun acto de reinvención.

Onte 356: «El sueño del Rey Rojo», novo libro de Manguel

Estou enguedellado co novo libro de Alberto Manguel, El sueño del Rey Rojo, outra entrega do arxentino-canadiano arredor da lectura, que concibe como «a máis humana das actividades creativas». Desque en 1998 lin Una historia de la lectura, sigo con enorme interese cada un dos seus libros que publica con excelencia e agarimo Alianza. El […]

[José Luis Orihuela, entrevista para “Trecebits”, 29-08-2012]

O periodismo hoxe, coma sempre, é a xestión profesional da información nos medios de comunicación pública.