[Xesús Alonso Montero na presentación en Lugo de «Castelao na Unión Soviética en 1938», 26-09-2012]
A patria do home é o territorio onde tivo esperanzas.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6821 entries already.
Foi magnífico o escaparate que a Galería Sargadelos de Lugo preparou con motivo da presentación do libro de Xesús Alonso Montero Castelao na Unión Soviética en 1938. O escaparatismo creativo foi unha das estratexias principais do pequeno comerciante para reclamar o interese da clientela. Unha modalidade de promoción á que non foi allea o mundo […]
Gustoume moito a metáfora que Antón Lado utilizou na Rede de Coñecemento Compartido (#RedeCom) da Asociación Galega de Editores para expresar a estratexia que debe seguir o noso sector neste contexto de crise comercial e tránsito entre paradigmas de edición. Como sucede co comportamento dos estorniños, eses simpáticos chirlosmirlos que adoitan voar en bandos sobre […]
Grazas á renovada e utilísima web de Prolingua, chego a Navega en galego, un blog que axuda a «navegar na web como galegos», que non é outra cousa que utilizar a lingua galega como preferida. Este blog sirve para coñecer a estatísticas do idioma preferido das nosas visitas como para comprobar a configuración da lingua […]
Preparando a miña intervención na Rede de Coñecemento Compartido que a AGE organiza o vindeiro martes sobre «A identidade dixital da editorial», din con algunhas desas cifras desorbitantes (das que descoñezo a súa fiablidade) sobre o uso de Twitter. Pareceume impresionante que sexan xa 500 millóns os usuarios de Twitter no mundo, estimándose que en […]
No artigo da semana en Faro de Vigo analizo o que entendo son as liñas principais de regresión do anterproxecto da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) paprobada polo Consello de Ministros o venres pasado. Cumpríronse os peores agoiros. O texto do anteproxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) […]
É abondo estraño que despois de case tres días coñezamos tan poucos pormenores do caso Pokemon, sobre todo do contido das imputacións que a xuíza Pilar de Lara realizou a Francisco Rodríguez, o alcalde socialista de Ourense. Semella que a cerna pode estar nun Rolex de ouro que os directivos de Vendex afirman terlle agasallado. […]
PASE PERFECTO Miguel Torrecilla e Paco Herrera, responsables técnicos das fichaxes celestes, deben estar moi satisfeitos. Cinco dos novos xogadores que se incorporaron esta tempada contribuíron de forma decisiva a sacar adiante unha merecida vitoria fronte a un incómodo Getafe. A verdade é que este Celta das cinco primeiras xornadas, a pesar das súas tres […]
A tradución do Twitter en galego é un éxito da comunidade de persoas que empregamos decote o galego nesta rede informativa. Un esforzo teimoso de varios anos no que se viñeron desenvolvendo as máis diversas iniciativas e nas que nestes meses recentes foi decisiva a solicitude promovida dende o perfil Twiter en galego. Non teño […]
A pesar das magníficas intervencións de Fran Alonso e María Solar, a estrela da presentación d’ As meigas de Lupa foi Aid. Abondoulle á rapeira viguesa frasear con toda a súa forza e convicción contaxiosa un tema sobre a bretemosa noite da nosa cidade. Os seus rapoemas, nos que adapta aos ritmos da música urbana […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
