Acerca de bretemas
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6815 entries already.
Entradas por bretemas
Onte 714: Fóra de xogo
/en Celta de Vigo, Deporte, Fútbol, Onte/por bretemasNon é descartable que Charles recibise en fóra de xogo a pelota coa que o Celta inaugurou o marcador no Benito Villamarín. Probablemente foi unha chiscadela da fortuna, que axudou na apreciación do colexiado dunha xogada sempre dubidosa. Desque fóra establecido en 1925, o fóra de xogo, tal como o coñecemos hoxe, foi unha regra […]
Onte 713: #Prazadoslibros
/en Autores, Eventos, Onte, Promoción do libro, Xerais/por bretemasPasei o domingo na #Prazadoslibros, o día grande do evento de promoción do libro e da lectura organizado polo concello de Carballo. Durante a mañán por cada libro mercado os lectores e lectoras recibían como agasallo cadanseu molete de pan de Carballo. Unha iniciativa magnífica de colaboración entre as panadarías de Carballo e as sete […]
Peinador castigado
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Política, Vigo/por bretemasNo artigo da semana en Faro de Vigo volvo sobre a situación do aeroporto de Peinador: Esculcando nos libros da historia local de noso foi como souben que hai oitenta e seis anos comezaron a desembocar en Vigo os camiños do aire, cando se realizou a primeira tentativa da súa incorporación ao mapa das rotas […]
Onte 712: O paseíño de Ribadumia
/en Goberno Feijoo, Goberno Rajoy, Onte, Política/por bretemasRajoy concedeulle ao Partido Popular de Galicia o protagonismo do paseíño de Ribadumia. Apenas oitocentos metros para ser acompañado no seu esforzo atlético por vinte dos mandos galegos máis escollidos, acompañados polo agarimo das cámaras e moi lonxe da incomodidade dos micrófonos. Un paseíño saudable, un xesto deportivo previo a un cumprido xantar galego (seguro […]
Onte 711: Realismo aumentado
/en Autores, Narrativa, Onte, Presentacións, Xerais/por bretemasFoi César Lorenzo quen na presentación de onte na Feira do Libro de Monforte definiu a novela de Manuel Veiga Os xornalistas utópicos como un modelo de realismo aumentado, «unha reflexión sobre a verdade, tanto nas escenas reais ou noutras ficcionadas; unha reflexión que une literatura, filosofía e a propia realidade; unha reflexión que pon en […]
Onte 710: O síntoma de Baralla
/en Educación_para_a_Paz, Goberno Rajoy, Historia, Memoria, Onte/por bretemasNon é sorpresa ningunha o sucedido onte no pleno do concello de Baralla. O veterano alcalde non dimite xa que «pedín desculpas ao PP e mas aceptaron», unha forma de recoñecer que a lexitimidade do seu cargo está nos órganos de dirección do seu partido e non na veciñanza que o elixiu. Unha boa lección […]
Onte 709: Arde Ourense
/en Economía, Goberno Feijoo, Medio_Ambiente, Onte, Política, Sociedade/por bretemasTras a fin de semana na que os lumes asediaron Vilamarín, onte atacaron as parroquias de Velle e a Lonia, ao pé mesmo da cidade de Ourense. Horas dramáticas para unha veciñanza que impotente ve en perigo as súas casas e eidos, exhausta de combater un inimigo tan rabudo e perigoso coma o lume. Por […]
Onte 708: Outono literario
/en Novidades, Onte, Promoción do libro, Xerais/por bretemasCo primeiro avance das novidades editoriais de Xerais para os meses de setembro e outubro pechamos a tempada de verán e das súas feiras do libro. A pesar de que aquí este anuncio non ten a relevancia da famosa «rentrée littéraire», constitúe un bo aliciente para retomar o traballo de edición e promoción cun novo […]
Campo do Fragoso CXXXIX
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemasESTADO DE ÁNIMO Jorge Valdano definiu un equipo como «un estado de ánimo». Utilizando o exemplo dun club de fútbol, referíase así á importancia do estado emocional de cada unha das persoas que forman o grupo (xogadores, técnicos, directivos e seareiros), no que inflúe tanto a intelixencia emocional de cada unha delas como o estilo […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
O noso principiño14 de Marzo de 2026 - 6:35 a.m.
Non a guerra, pola paz e a democracia13 de Marzo de 2026 - 5:12 a.m.
Like a prayer9 de Marzo de 2026 - 6:32 a.m.
Einstein en Vigo3 de Marzo de 2026 - 8:21 a.m.
O Celta é pequeno28 de Febreiro de 2026 - 8:34 a.m.
