Entradas por bretemas

Onte 820: A lingua sabe a pan

Soubemos polo Faro de Vigo que o programa «A lingua sabe a pan» do CEIP Frián de Teis Vigo obtivo o Premio Nacional de Educación para centros non universitarios no apartado de Desenvolvemento de Competencias de Lectoescritura e Audiovisuais. «A lingua sabe a pan» foi o proxecto documental integrado promovido dende a biblioteca escolar do […]

Onte 819: A mellor novela de Ameixeiras

Despois de asistir ao inicio da presentación do proxecto de InfoLibre que fixo Jesús Maraña en Sargadelos (unha lección de xornalismo), participei en Couceiro na presentación de Matarte lentamente de Diego Ameixeiras. A xornalista Marta Rodríguez fixo unha magnífica intervención, na que repasou a traxectoria de Ameixeiras dende a publicación de Baixo mínimos, «unha novela encabezada […]

Onte 818: Un libro con invención e encanto

Coma sucedera o venres no Carballiño, a presentación do libro de Bautista Álvarez, Retallos daquela infancia, na Libraría Torga de Ourense resultou moi interesante. Desta volta foi o escritor Millán Picouto o chufador dunha obra que de comezo cualificou de «lectura deliciosa». «Retallos daquela infancia é un libro de ambición totalmente lograda, froito dun narrador […]

Onte 817: Presentación na rede de «Vento e chuvia»

Onte fixemos a nosa primeira presentación en Internet dun libro. Empregando o hangout de Google +, Manuel Gago argallou unha presentación para a diáspora galega de Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, coa participación do ilustrador Manel Cráneo. A experiencia moito pagou a pena, tanto polo feito de que foi seguida por streaming (apenas […]

Onte 816: Agasallo.eu

Agasallo.eu foi un dos proxectos que se presentaron no espazo tecnolóxico do Culturgal 2013. É unha plataforma en liña que compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego para todas as idades, todo tipo de acontecementos e épocas do ano. Unha iniciativa de visibilización dos produtos e servizos galegos, singularmente da nosa industria […]

Onte 815: Canteiras

Foi o partido do serán de onte un duelo copeiro de canteiras. O vello Balaídos recibiu cos brazos abertos aos leóns de San Mamés e os seus milleiros de seareiros, non esquezamos que o Athletic Club é equipo máis querido e admirado pola afección celeste. Tras unha primeira parte de inequívoco dominio vasco, na reanudación […]

Onte 814: Seis de nadal

A xornada de onte non foi só á efeméride da aprobación da Constitución, a peza xurídica da restauración monárquica xoancarlista. O seis de nadal os nacionalistas galegos celebramos a fundación do Partido Galeguista tras a VII Asemblea Nacionalista organizada no salón de festas do Hotel Madrid da cidade do Lérez polo Partido Galeguista de Pontevedra. […]

Onte 813: Madiba

Souben do pasamento de Nelson Mandela escoitando a radio mentres regresaba do Carballiño da presentación do libro de Bautista Álvarez. A noticia impactoume. Desque lin no pasado verán a súa autobiografía, un dos textos de prosa memorialísticas máis detallados e engaiolantes nos que me teño mergullado, quedei impactado pola quentura e, sobre todo, pola credibilidade […]

Onte 812: Première de «Caderno do Nilo»

Magnífica première do Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias nas Portas Ártabras da Coruña. As grandes intervencións dos poetas Antía Otero e Xavier Seoane presentaron o que tras trinta e cinco anos de traxectoria supón o décimo sexto libro de poemas do actual presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Comezou Antía Otero […]