Onte 825: No Salón Do Libro Infantil e Juvenil de Madrid

Convidados por Sara Moreno, presidenta de Consejo del Libro Infantil y Juvenil viaxamos a Madrid para participar no «Día de Galicia» do Salón do Libro Infantil y Juvenil de Madrid. Pola mañá Agustín Fernández Paz e Xabier DoCampo en calidade de autores; Xosé Cobas, Xan López Domínguez e Marina Seoane como ilustradores e eu mesmo coma editor participamos nun encontro interesantísimo con alumnado de Bacharelato e de Deseño Gráfico. Pola tarde, xa diante dun público diverso, os autores e os ilustradores presentaron o seu traballo como creadores e a experiencia do seu traballo compartido. Moito pagou a pena compartir esta viaxe, moito.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *