Entradas por bretemas

Onte 1101: «El balcón en invierno»

Ten razón a banda coa que Tusquets anuncia El balcón en invierno: «o libro máis sincero e probablemente máis fermoso de Luis Landero». Un paratexto ao que eu engadiría apenas os cualificativos de «memorable» e «emocionante». Na liña da autoficción ou narrativa biográfica de obras recentes na literatura galega como As voces baixas de Manuel Rivas, […]

Onte 1100: Mas convoca

Seguín onte por streaming o acto de asinatura do decreto da convocatoria da consulta do 9 de novembro, data na que está previsto que a cidadanía catalá exprese o parecer sobre o seu futuro. Artur Mas cumpría así o compromiso asumido hai dous anos e presentaba diante da cidadanía catalá, española e da comunidade internacional […]

Onte 1098: Chegaron os Formig4s

Chegaron do prelo os primeiros exemplares da serie «Formig4s», un novo proxecto de literatura infantil de Xerais, concibido nun diálogo aberto e permanente entre o escritor Pere Tobaruela e o ilustrador e o deseñador Andrés Meixide. O resultado deste traballo de modélica coautoría, desenvolvido ao longo de máis dun ano, é moi satisfactorio e esperanzador. […]

Campo do Fragoso CLV

DERBI HEROICO Custoulle ao Celta ferro e fariña gañar o derbi fronte a un Deportivo moi competitivo e difícil de dobregar. Intensidade, afouteza, emoción, medo, ledicia, beleza, lealtade, respecto e fair play foron algúns dos ingredientes que derrocharon ambos os dous equipos ao longo dun derbi futbolístico fermoso e igualado que resolveu no minuto 88 […]

Onte 1097: O noso derbi en «The Guardian»

Quedei abraiado co seguemento que The Guardian fixo do noso derbi. A completisima crónica do xornalista Sid Lowe fai fincapé na parada histórica do gardarredes celeste Sergio Álvarez Conde, ao tempo que fai un completo retrato do noso canteirán dende os quince anos. Non pasei desapercibido o feito que salientase a condición de galegofalante do noso porteiro […]

Onte 1096: Retirada a tempo

A retirada do anteproxecto de lei do aborto anunciada por Rajoy e a demisión presentada onte por Gallardón son unha clara vitoria do movemento feminista e da cidadanía mobilizada contra unha contrarreforma tan regresiva para os dereitos das mulleres como a presentada polo que foi ministro de xustiza. Esta é unha clara vitoria da sociedade civil, mais tamén […]

Onte 1095: O xuíz novelista

José Antonio Vázquez Taín, o noso xuíz estrela, fichou por Planeta como novelista do xénero policial. Tras o seu debut da man de Teófilo edicións con La leyenda del santo oculto, unha intriga sobre o roubo do Códice Calixtino, o xuíz instrutor do caso Asunta Basterra publica en Espasa Al infierno se llega deprisa. Nas declaracións publicadas onte, […]

Onte 1094: Zapatillas rotas

Relín durante a fin de semana a versión editada de Zapatillas rotas, a quinta novela de Xabier Quiroga. Volvín enguedellarme cunha narración de lectura engaiolante, unha road movie á galega movida cun motor narrativo moi potente, unha estrutura contrapuntística sólida, unha peza escrita toda ela cunha prosa galega de auténtica festa, unha marabilla que flúe coma […]