Entradas por bretemas

In memoriam de Benxamín Riobó

Foise un grande. Con todos os abrazos para os seus e coa nosa maior gratitude pola xenerosidade e compromiso co libro galego que mantivo como o libreiro do Pontillón. O pasado ano Benxamín Riobó Sanluís foi membro do xurado do premio Xerais de novela e compartimos bos momentos de ledicia e esperanza. «Benxa» foi un militante destacado da […]

Onte 1299: «Zapatillas rotas» de Xabier Quiroga, Premio da Crítica

Excelente noticia a que coñecimos onte ao mediodía, a do Premio da Crítica na categoría de narrativa en galego a Zapatillas rotas, a novela de Xabier Quiroga publicada o pasado setembro en Xerais Narrativa. Un premio moi valioso, froito do criterio adoptado pola sección galega da Asociación Española de Críticos Literarios (AECL), presidida polo galego Ángel Basanta, que Quiroga […]

Onte 1298: «O corazón da maxia» de Xavier Estévez en Salceda

Viaxei onte a Salceda para acompañar a Xavier Estévez na presentación d’ O corazón da maxia. Quedei abraiado do crecemento dunha vila que ben coñecía hai máis de trinta anos cando comecei no Budiño o oficio de mestre. As magníficas instalacións da Casa da Cultura, no que foi o vello edificio do concello, testemuñan a […]

Onte 1297: «A estirpe do dragón», o novo Dragal de Elena Gallego

Pablo García Freire responsable do blog Lectureka, fixo onte en Pontevedra unha gran presentación da cuarta entrega da saga Dragal de Elena Gallego. O xove lector vigués cualificou A estirpe do dragón «de pura maxia, sen dúbida, a mellor das  catro novelas de Dragal». «A estirpe do dragón presenta unha pronunciada evolución con respecto a anteriores entregas […]

Onte 1296: Volven as feiras do libro

Coa presentación de Amor en alpargatas, a novela de Manuel Portas, iniciamos onte en Pontevedra o noso periplo das feiras do libro de Galicia deste ano. A pesar da súa insuficiente visibilidade e da necesidade de que incrementen a diversificación da súa oferta bibliográfica, este calendario de feiras continúan sendo no seu conxunto unha cita imprescindible para […]

Defensa de Vigo

No artigo da semana en Faro de Vigo volvo sobre a defensa do liderado no proxecto de Galicia como suxeito político. O pasado venres o deputado socialista Abel Losada publicaba nas páxinas de Faro de Vigo un artigo titulado «A imprescindible defensa de Vigo» no que citaba criticamente o que eu publicara nesta sección o […]

Onte 1295: «Citizenfour»

Gustoume Citizenfour, o documental de Laura Poitras sobre as revelacións de Edward Snowden e a súa publicación en 2013 por parte de The Guardian, O Globo e The New York Times. Durante case dúas horas pareceume asistir a un episodio gravado da historia máis recente, mesmo duns acontecementos que sabemos en curso, amosando así o papel […]

Onte 1294: No pasamento de Günter Grass e Eduardo Galeano

A coincidencia dos pasamentos de Günter Grass e Eduardo Galeano supuxo que onte fose un dia moi triste para todas as persoas que admiramos a estes dous escritores, referentes do pensamento crítico e da literatura como ferramente que facilita o diálogo co noso tempo. No ano 2000 tivemos a fortuna de ser editores de Günter Grass publicando unha escolma […]

Campo do Fragoso CLXIII

MINA Partidos como os da noite do pasado sábado en Balaídos amosan que non é tolería ningunha clasificar o fútbol entre as disciplinas das Belas Artes efémeras. Celta e Raio Vallecano, equipos humildes, ambos os dous dirixidos dende o banco por adestradores afoutos e xenerosos co espectáculo, ofreceron unha gran noite de fútbol. Unha auténtica […]

Onte 1293: Voltar á Terra

Entre as diferentes iniciativas de reconstrución que por ventura agroman polo país, pareceume moi significativa a da presentación de Voltar á Terra, promovida por emigrantes galegos que viven arredor do mundo. Os datos da emigración actual son estremecedores: en tres de cada catro fogares galegos hai algúen emigrado, máis de 200.000 persoas abandonaron Galicia dende 2007, o […]