Onte 1421: A derradeira de Resnais
Non saímos decepcionados de Aimer, boire et chanter, a derradeira película de Alain Resnais. Un film lixeiro, no que aos 91 anos homenaxea ao teatro para volver sobre os seus temas esenciais, o amor e a morte. Ademais do entretido enredo de tres parellas maiores e o seu misterioso amigo, abraia a interpretación xenial dos seis actores dunha película de rexistro teatral. […]

