Poema de hoxe 130: «Advento» de Manuel María
Hai algo máis fondo que aboia nas olladas Manuel María, «A luz morta» (Ediciones Galicia, 1954)
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6814 entries already.
Poema de hoxe 130: «Advento» de Manuel María/en 17_de_maio, Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Hai algo máis fondo que aboia nas olladas Manuel María, «A luz morta» (Ediciones Galicia, 1954)
Poema de hoxe 129: “Definición” de Aquilino Iglesia Alvariño/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
O ventiño da mañá límpalle os ollos á aurora roxa de tanto chorar. Aquilino Iglesia Alvariño, Polo correo do vento (Xerais, 1994)
Cada novo título de Miguelanxo Prado, o máis internacional dos nosos narradores, xunto a Manuel Rivas, é un acontecemento para a edición e creación galega. Asi sucedeu esta semana, coincidindo coa celebración do Saló Internacional del Cómic de Barcelona, con Presas fáciles, a súa contundente resposta á degradación moral e política que vivimos na última década. […]
Abraiante o mural realizado polo alumnado e profesorado do IES As Barxas de Moaña deconstruíndo ao xeito rosaliano o cadro de Delacroix «A liberdade guiando ao pobo». Unha peza de seis metros de longo e case tres metros de alto que volve demostrar a atracción icónica de Rosalía capaz de continuar conectando coa mocidade como ningunha outra figura […]
Poema de hoxe 128: “A xoaniña andeira” de Anisia Miranda/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Sobre o lombo do regueiro navega unha xoaniña nunha folla de salgueiro. Anisia Miranda, Cantarolas (Xerais, 1995)
Poema de hoxe 127: “As doce e sereno” de Manuel Guede/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Son terribles e sabias as fotografías: nunca regresan con nós ó lugar dos sucesos. Manuel Guede, As doce e sereno (Xerais, 2000)
Preparando onte unha intervención sobre Manuel María, que farei a vindeira semana, din con este retrato magnífico do poeta que lle fixera en 1994 Xosé Abad naquela colección titulada «Retrato Autorretrato». Unha proposta experimental na que a persoa fotografada escolleu os elementos da súa preferencia que compoñen a obra final. Manuel María optou por decorar o fondo […]
O salón da Feira do Libro de Santiago encheuse no serán de onte (onde se superaron os trinta graos) na presentación de Quen dá a quenda? a novela coa que Héctor Cajaraville debuta na literatura infantil. Un acto no que presentamos a traxectoria fulgurante do autor de De remate, gañador nos últimos once meses dos premios […]
Poema de hoxe 126: “Voces” de Martín Veiga/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Agora sabemos que o mar ten moitas voces Martín Veiga, As últimas ruínas (Espiral Maior, 1994)
Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á inauguración do novo mercado municipal do Progreso. Non podo agochar a miña ledicia pola reapertura a pasada semana do histórico Mercado Municipal do Progreso. Tras cinco anos de obras interminables na reforma integral do edificio, resistindo contra vento e marea nun galpón envellecido, coincidindo cos […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
