Entradas por bretemas

Campo do Fragoso CLXXXVI

DERBI, O NOSO No setenta e cinco aniversario daquel primeiro Celta-Deportivo en Primeira División, disputado en Balaídos o 19 de outubro de 1941, volveuse repetir a vitoria celeste “nun encontro emocionante de principio a fin (…), nunha xornada onde Galicia enteira orgullouse de ver ao Celta e Deportivo cumprindo con corazón e alma de atletas […]

Onte 1768: Beiras presentou en Compostela «O encargo do señor Castelao»

Xosé Manuel Beiras presentou onte no Airas Nunes de Santiago O encargo do señor Castelao, a novela de Luís Rei Núñez. Foi un fermoso serán literario no que, ademais das intervencións literarias, Susana Recouso e Delia Corujo leron fragmentos da obra e os músicos Luís Soto e Santiago Cribeiro interpretaron o «Alalá das Mariñas» e «Lela». Comezou […]

Onte 1767: “De paraugas”, presentación en Lugo

Presentamos no serán de onte na Libraría Trama de Lugo De paraugas, os relatos que escribu Paco Martín a partir das fotografías de Daniel Puente Bello. Foi Xabier DoCampo, autor do epílogo da obra, quen chufou aos autores e salientou a súa singularidade. Comezou DoCampo confesando que o libro lle fixera moita graza: “Comprobei que tiña […]

Onte 1766: “Os libros arden mal” de Manuel Rivas, mellor obra da narrativa galega da década

Coincidindo coas San Lucas, Manuel Rivas recibiu onte o Premio Mondoñedo 10 que entre seis finalistas recoñece Os libros arden mal como a mellor obra da narrativa galega da década (2006-2015). Un galardón outorgado por un xurado formado por representantes das diversas institucións e entidades das nosas letras (Academia Galega, Consello da Cultura Galega, AELG, Pen […]

Onte 1765: «Cousas de Papá», concerto presentación en Ourense

Onte ao mediodía participamos na libraría Espazo Lector Nobel de Ourense na presentación do libro disco de poesía infantil Cousas de Papá. Un acto no que participaron activamente moitos picariños que cantaron e bailaron coas cancións que compuxo e interpretou Héctor Lorenzo, sobre os poemas moi imaxinativos e visuais de Raúl Pato. Un libro disco, ilustrado por Blanca Barrio, que […]

Onte 1764: Presentación en Baiona de «Xa non estou aquí» de Iria Misa

Éxito rotundo de Iria Misa na presentación en Baiona de Xa non estou aquí, novela gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016. Máis dun cento de persoas seguiron no salón de actos da Casa da Navegación a intervención de Ledicia Costas e Iria Misa, compañeiras e cómplices da Xeración da Esperanza que está […]

Onte 1763: “Nunca paraíso” e a reivindicación da necesidade do teatro de Manuel Lourenzo

As coincidencias atribuibles á providencia laica levaron onte a que a presentación na FNAC da Coruña de Nunca paraíso, o libro no que Manuel Lourenzo reuniu unha parte do teatro breve que escribiu nas últimas catro décadas, coincidise coa nova do pasamento de Darío Fo e coa sorprendente concesión do Nobel a Bod Dylan. Dúas noticias ás […]

Onte 1762: «A perda da escuridade»

Recibimos noticia do noso amigo Martin Pawley, membro da Agrupación Astronómica Coruñesa, da publicación da versión galega de Losing the dark, un documental de seis minutos e medio sobre a contaminación luminosa e a reivindicación do dereito a gozar dun ceo nocturno limpo. Un excelente recurso didáctico para abordar a defensa da observación dun ceo limpo como […]