Fridays for future


Dedico o artigo da semana no Faro de Vigo a #FridaysForFuture, a iniciativa da activista sueca Greta Thunberg, promotora da Folga escolar polo clima:

Greta Thunberg, unha rapaza sueca de dezaseis anos, é hoxe a líder icónica da primeira folga escolar mundial polo clima que o pasado venres se celebrou en máis de cen países e 1.600 cidades. Unha mobilización planetaria con escasos precedentes iniciada por esta estudante de noveno curso (equivalente a 4º de ESO) o pasado 20 de agosto cando tras a vaga de calor e incendios en Suecia decidiu non ir á escola e chantarse diante do Riksdag, o parlamento situado no centro de Estocolmo, durante o horario escolar cun cartel no que aparecía a frase «Folga escolar polo clima».

Logo de celebradas as eleccións xerais dos seus país, o 9 de setembro, nas que foi elixido primeiro ministro o socialdemócrata Stefan Löfven, Greta decidiu continuar a súa folga só os venres, xornada nas que durante sete horas permanece co seu cartel, soportando temperaturas ba