Móvete pola lectura
O profesorado da Sprague Elementary School (USA) gravou este lipdub (“Put Books in your head”) para animar ao seu alumnado a ler no verán. Chamoume a atención polo que ten de testemuño do que se está facendo na maioría dos sistemas educativos por presentarlle ao alumnado a lectura como unha actividade atractiva; todo un claustro non dubida a poñerse a bailar para seducir aos rapaces e rapazas a que se atrevan cos libros. Bravo! Outrosí sucede coa fórmula dos lipdub, eses vídeos de danza colectiva e contínua (utilizada con éxito para a defensa da nosa lingua), asociados á cultura viral das redes sociais. Vencellar ambos os dous elementos, semella unha fórmula a ensaiar na promoción da lectura nos centros educativos.
O lipdub permite, ademais, coñecer por dentro as instalacións dunha Escola Primaria estadounidense, é moi recomendable reparar nos detalles, así como na letra da canción de Jason Derulo.
Vía Trafegando ronseis (obrigado).


Confesouno onte Agustín Baamonde, voceiro de lingua do Grupo Parlamentario Popular, na mesa redonda que moderamos na cuarta xornada do Seminario «Sociedade, Lingua e Política» celebrada onte no Consello da Cultura Galega: «o tema da lingua non foi unha das prioridades do PP até a aparición de Galicia Blingüe que fixo medrar un caldo de cultivo sobre a necesidade de romper coa política lingüística do bipartito, non cos consensos anteriores». Como moi ben relata 
No 

Este serán ás 20:00 na Libraría Librouro participaremos na presentación de 

