Calendario das Letras
Hoxe recibín un exemplar do Calendario das Letras 2008, unha moi boa iniciativa da Consellaría de Cultura e Deporte, que desenvolve dende o pasado ano unha medida prevista na lei do libro e do plan de lectura coa que se pretende situar o mundo da lectura no primeiro plano da vida social de Galicia.
A proposta de calendario é a seguinte:
- 24 de febreiro: Día de Rosalía.
- 21 de marzo: Día Internacional da Poesía.
- 27 de marzo: Día Mundial do Teatro.
- 2-23 de abril: Mes dos Libros
- 2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
- 23 de abril: Día Internacional do Libro.
- 17 de maio: Día das Letras Galegas.
- Xullo, agosto e setembro: Meses da Banda Deseñada.
- 30 de setembro: Día Internacional da Tradución.
- 24 de outubro: Día das Bibliotecas.
- 2-11 de novembro: Semana da Tradición Oral.
- 17 de decembro: Día da Edición.
A proposta pode ser moi útil para todo o sector da lectura galego (bibliotecarios, profesorado, autores, libreiros, editores e medios de comunicación) de cara a visibilizar de forma específica nestas datas ben determinados xéneros, para organizar actividades escolares ou para intentar acadar unha maior presenza social do libro e da lectura.
O traballode ilsutracións de Xosé Cobas nos materiais impresos que coñecemos (folleto, calendario e alamanaque) é sobresaliente, tanto como os textos do almanaque que preparou Xabier P. Docampo. Absolutamente recomendable.












