Abolición da pena de morte
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Dereitos_humanos, Política, Recurso_didáctico, Sociedade/por bretemas
No artigo da semana amplío e profundizo a anotación que fixera hai dez días sobre a abolición da pena de morte.
Vivenda digna
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Política/por bretemas
No artigo da semana analizo as “medidas 40” da Consellaría de Vivenda que dirixe Teresa Táboas. O traballo desta conselleira do BNG e do seu equipo paréceme modélico e, na miña opinión, como na expresada por outros, merece ser destacado e recoñecido.Non á pena de morte
/en Dereitos_humanos, Política, Sociedade/por bretemas
A aprobación por parte da Asemblea Xeral da ONU dunha resolución (desgrazadamente non “vinculante”) que pide a aplicación dunha moratoria ás execucións dos sentenciados a pena do morte, como primeiro paso para unha abolición por parte de todos os estados, é unha das noticias máis esperanzadoras deste ano a piques de finalizar. A pesar da crise das Nacións Unidas este debería ser o primeiro paso no proceso inevtiable de abolición da pena capital, como xa sucedeu no estado de New Jersey, o primeiro dos estadounidenses en derrogala. Con todo, non debemos esquecer que actualmente entre 19.000 e 25.000 persoas están condenadas a morte en todo o mundo, e neste ano foron executadas máis de 1.500 persoas, un auténtico escándalo para a humanidade, un xenocidio tan legal como silencioso. Apoiamos, pois, a campaña de Amnistía Internacional para conseguir un mundo libre de execucións.
Os vídeos de Pérez Varela
/en Política/por bretemas
Os vídeos de Pérez Varela que publica oportunísimamente La Voz de Galicia non se poden perder: a cultura está rifada coa burocracia, xenial! [Aínda que máis lamentables parécenme, aínda, as declaracións de Fraga que deita toda a responsabilidade do disparate do seu soño nos erros cometidos polos seus colaboradores.] Indubidablemente estes documentos audiovisuais (como as gravacións sonoras adiantadas pola cadea SER hai dúas semanas) deberían ser valorados pola Comisión de Investigación Parlamentaria. Con todo, temo que os resultados dos traballos parlamentarios non teñan outra consecuencia que reiterar o que xa sabiamos ao seu comezo: o megalómano proxecto da Cidade da Cultura foi un capricho de Fraga que vai hipotecar o desenvolvemento das nosas infraestruturas culturais durante varias décadas. Hoxe a prioridade está en poder reconducilo empregando os criterios que non se utilizaron para xestalo: planificación, participación, transparencia, control e máxima austeridade na xestión. O reto que ten por diante a Consellería de Cultura é enorme.
"Madeira de Zapatero"
/en Autores, Ensaio, Entrevistas, Política, Xerais/por bretemas
Hoxe colgamos o adianto en PDF da introdución de Madeira de Zapatero, o retrato do presidente do Goberno preparado por Suso de Toro. O libro estará nas librarías galegas, a partir do vindeiro mércores, e a primeira presentación da obra terá lugar na sede do Instituto Cervantes de Madrid, o martes 13 de novembro, coa participación de Angels Barceló, José Saramago, Zapatero e Suso de Toro. A edición castelá sae en RBA e a catalá aparecerá na Magrana, no primeiro trimestre de 2008. Non podo agachar a miña grande satisfacción por ter editado este importante ensaio, unha obra moi literaria e coral, que sitúa a edición galega no centro do debate político e da actualidade editorial.
Actualización (08-11-2007): Hoxe La Opinión da Coruña e Faro de Vigo publican un adianto dalgunhas das testemuñas de Zapatero publicadas no libro. Na prensa conservadora de Madrid tamén aparecen as primeiras valoracións do libro. El País anuncia a celebración o vindeiro mércores, 14 de novembro, dun encontro de internautas con Suso de Toro.
Actualización (09-11-2007): Entrevista a Suso de Toro en El País-Galicia.
Globalización e identidade europea
/en Blogs, Política/por bretemas
Pedro Valadés publica hoxe nun dos seus blogs (no dedicado a Europa), a tradución para o galego do moi interesante artigo que Xavier Rubert de Ventós publica hoxe en El Pais. Un deses textos para ler devagariño (con moitas análises que interrogan). Deebe quedar no arquivo para volver outra vez sobre algunha das súas propostas.A entrevista con Adolfo Suárez
/en Política/por bretemas
Eis o texto da entrevista con Adolfo Suárez , publicada no ABC dixital, da que falamos hoxe na Crónica de Tino Santiago. Algunhas afirmacións do ex-presidente son sorprendentes, como a existencia dunha cloaca madrileña de medios de comunicación ou a importancia que para el tiña convencer aos seus adversarios. É a sincera inxenuidade dun home queimado ou o froito dun tempo, paradoxicamente, máis aberto co actual?
Recuperar o vieiro
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Política/por bretemas
No artigo da semana reflexiono sobre a necesidade do Bipartito de recuperar os seus sinais iniciais de identidade: programa común de goberno, austeridade e transparencia na xestión e comunicación compartida. Dende as posicións cidadás é necesario esixir este novo impulso de rexeneración democrática.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Gorgorito e o Vigo Ye-Ye28 de Xullo de 2026 - 12:14 p.m.
Vigo líder de Galicia22 de Xullo de 2026 - 4:23 a.m.
Isaac Fraga, unha vida para o cine16 de Xullo de 2026 - 4:20 a.m.
As da Industria9 de Xullo de 2026 - 4:18 a.m.
Feira do libro na Alameda1 de Xullo de 2026 - 4:07 a.m.









