Onte 52: DoCampo e Cobas
Despois de asistir como convidado á convención de Cultura do BNG (magnífica intervención de Teresa Moure), integreime no VIII Encontro Galego de Ilustración organizado por AGPI. Antes de participar con Manuel Gago no debate sobre a convivencia cos medios dixitais, tiven a oportunidade de escoitar a interesantísima conversa entre Xabier DoCampo e Xosé Cobas sobre o seu proceso de creación conxunta. Dous autores, un dende a escrita, outro dende a ilustración, que asumen o reto de ofrecer nos seus libros unha creación única dende dúas linguaxes complementarias. Cobas e DoCampo abordan un proceso de diálogo creativo aberto cuxos límites quedan establecidos só polos formatos editoriais. Admirable e sorprendente. Bolboretas, A decisón de Valerio, O libro das viaxes imaxinarias, O misterio das badaladas son algúns dos froitos recentes e moi logrados desta extraordinaria experiencia creativa conxunta da que non coñecemos moitos precedentes no entorno da literatura infantil e xuvenil en España. Unha parella de feito (no ámbito creativo) que merece para o editor todas as súas beizóns.



Despois de rematar a magnífica presentación do libro de ensaio de 
Cando coñecín a 
As noitiñas dos luns estou afeito a debater coa serenidade posible na tertulia conservadora da Radio Galega. Onte fun o único participante que defendeu a necesidade de 
Zaira Rodríguez Pérez, 
Á mañá recibín un novo limiar para o que será A Derrota de Galicia, o libro de ensaio político, que publicaremos a comezos da vindeira primavera, no que 
A intransixencia foi unha das peores doenzas da dereita española ao longo do pasado século. Lamentábao Azaña cando lembraba a facilidade coa que era insultado da forma máis groseira polos seus rivais políticos. Esa tradición do insulto a flor de pel é a que está detrás do comportamento prepotente, irrespectuoso e provocador ao que nos teñen aborrecido algúns medios madrileños. Esa tradición é a que emula con tan escasa imaxinación Gerardo Conde Roa. Até agora, o alcalde compostelán adquiriu a súa notoriedade extramuros polos seus comportamentos excéntricos e declaracións provocadoras. Con todo, estou convencido que non estamos diante dunhas saídas de pata de banco explicables por un carácter sanguíneo ou polo entusiasmo verbal provocado un día polo consumo de líquidos euforizantes. Non. O conto é triste como dicía Castelao. Acabar con 
O 