Onte 54: Nova reforma educativa?

Na tertulia da Radio Galega debatemos sobre o avance do programa electoral de Mariano Rajoy, a quen xa todos vemos cun pé na Moncloa. Fóra da premeditada ambigüidade da súa redacción e do modelo de política fiscal que favorece aos que máis teñen e poden, chamoume moito a atención o compromiso de volver reformar a Educación Secundaria. Semella que desta volta, se o PP conta con maioría absoluta, como é moi probable, aprobará unha nova lei que parta a Secundaria en dúas etapas de tres anos coa intención de facela «máis flexible»: unha ESO de carácter comprensivo (á que habería que engadir un ano de inserción profesional) e un Bacharelato claramente propedéutico. Poñeríase así fin ao modelo de Secundaria Obrigatoria para todos e todas, que os sectores educativos conservadores veñen criticando dende a posta en marcha da LOXSE, hai xa vinte anos. Decontado viñéronme á cabeza tres preguntas: Que debemos facer coa nosa campaña de novos libros de texto para 4º de ESO, na que estamos traballando nestes momentos? Que foi daquel pacto pola estabilidade da Educación da que tanto falou o PP para non aceptar o acordo proposto polo ministro Gabilondo? Asume o partido de Mariano Rajoy algún compromiso de aumentar os recursos dedicados á educación ao longo da lexislatura? Quizais no programa electoral completo do PP (publicado hoxe) poidamos atopar respostas para estas nosas preguntas tan desacougadas.

5 comentarios
  1. Fumador
    Fumador Dice:

    Esta tampouco será a derradeira reforma educativa. O PP traballa neste ámbito cun obxectivo estratéxico que se sintetiza no concepto de “contrarrevolución conservadora”. Trátase de organizar o ensino en tres redes: unha privada, para quen poida pagar, dirixida ás elites sociais; unha segunda rede privada concertada, para parte da poboación e unha terceira pública, de beneficiencia. Todo o sistema educativo estará ao servizo da transmisión e reprodución da ideoloxía conservadora, con trazos que agora nos resultan sorprendentes, mais que tratarán de ir posicionando nas axendas educativas: segregación por sexos, castigos corporais, creacionismo, darwinismo social…
    E de linguas diferentes do inglés e do español, optativas, no mellor dos casos.

    Responder
  2. Android Apps
    Android Apps Dice:

    Excellent goods from you, man. Brétemas » Onte 54: Nova reforma educativa? I’ve understand your stuff previous to and you’re just extremely excellent. I really like what you’ve acquired here, really like what you are stating and the way in which you say it. You make it enjoyable and you still take care of to keep it smart. I can’t wait to read much more from you. This is actually a great Brétemas » Onte 54: Nova reforma educativa? informations.

    Responder
  3. LA Weight Loss
    LA Weight Loss Dice:

    Fantastic goods from you, man. Brétemas » Onte 54: Nova reforma educativa? I’ve understand your stuff previous to and you are just too excellent. I really like what you’ve acquired here, certainly like what you are stating and the way in which you say it. You make it entertaining and you still care for to keep it sensible. I cant wait to read far more from you. This is actually a great Brétemas » Onte 54: Nova reforma educativa? informations.

    Responder
  4. Android Apps
    Android Apps Dice:

    Wonderful goods from you, man. Brétemas » Onte 54: Nova reforma educativa? I have understand your stuff previous to and you’re just too great. I actually like what you’ve acquired here, certainly like what you are saying and the way in which you say it. You make it entertaining and you still take care of to keep it sensible. I cant wait to read much more from you. This is actually a wonderful Brétemas » Onte 54: Nova reforma educativa? informations.

    Responder
  5. Android Apps
    Android Apps Dice:

    Wonderful goods from you, man. Brétemas » Onte 54: Nova reforma educativa? I’ve understand your stuff previous to and you’re just too wonderful. I actually like what you’ve acquired here, certainly like what you’re saying and the way in which you say it. You make it entertaining and you still take care of to keep it wise. I cant wait to read far more from you. This is actually a great Brétemas » Onte 54: Nova reforma educativa? informations.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *