Onte 48. Aspas
Sobre a lameira do Fragoso, a electricidade subminístraa Iago Aspas. Na fría noitiña de onte houbo que agardar a súa entrada para conectar a un Celta que até entón carecía de alma. Aspas é imaxinación, creatividade, velocidade, vontade, intensidade, ilusión… e gol, ese alustro que estoura da súa biqueira ou coa súa participación. A presenza de Iago achéganos saudades daquel xogo da serpe do Celta europeo, baseado na intelixencia combinativa expresada a toda velocidade. Porén, Aspas adoita non agochar no campo a súa maior febleza, a de meterese nalgunha lea particular con algún rival ou co propio árbitro, un comportamento moi perigoso para o equipo, que tamén pode pexar na súa traxectoria. Se supera esa inmadurez, pode ser un xogador cun futuro moi prometedor en Primeira División.



Viaxei a Lavacolla entre o lusco e fusco, rachando a primeira borrasca do outono. Por ventura, na radio do coche quedara prendida a 
Non o puido dicir mellor Bieito Ledo nas súas breves palabras de benvida da cea na que se deu a coñecer o ditame dos 
Coñecín a 
Cando coñecín a 
Coa 
As noitiñas dos luns estou afeito a debater coa serenidade posible na tertulia conservadora da Radio Galega. Onte fun o único participante que defendeu a necesidade de 