Onte 44: TSQ

Coñecín a nova terminal e aparcamento do aeroporto de Santiago, outra mostra da moderna arquitectura aeroportuaria peninsular, ao xeito dunha versión galega da T4 ou da portuense do Sa Carneiro. Gustoume a amplitude dos espazos e lamentei a precariedade da información ou que os elevadores parlantes non falasen galego. Engulido no ventre da enorme balea compostelana, lembrei a nova  Terminal 2G do Charles de Gaulle que utilizara a pasada semana, de dimensións moito máis reducidas, mais con seiscentos sillonciños nunha única sala, concibida coa intención de facilitar a comodidade e a acollida dos viaxeiros durante o par de horas nos que poidan agardar alí. Non será esta TSQ outra mostra de economía farturenta? Non semella contraditorio que Fomento investise 230 millóns de euros na TSQ (unha cantidade impresionante), mentres privatizará os servizos de AENA de Barajas e o Prat? Se a nova TSQ está chamada a se converter no eixo do modelo aeroportuario galego, como é posible que estean en marcha as novas terminais de Peinador e Alvedro? Tras os efectos da CDC, agora chegarán os da TSQ? Pobre de nós!!!

3 comentarios
  1. Carlos
    Carlos Dice:

    Concordo totalmente. De feito eu, Coruñes, preferiría un desvío do eixo atlántico ferroviario cara a terminal de Lavacolla antes que a reforma de Alvedro. Iso si, para que Lavacolla pase a ser o aeroporto de Galicia ten que pasar as mans do Goberno de Galicia e refundarse en Aeroporto Central de Galicia. Mentres siga sendo o aeroporto de Santiago estáselle dando ás as guerras localistas.

    http://carlosduranblog.wordpress.com/2011/09/20/aeroportos-un-novo-despilfarro/

    Responder
  2. sprinkle mediocre apk
    sprinkle mediocre apk Dice:

    An engrossing communicating is couturier scuttlebutt. I suppose that you should correspond solon on this content, it strength not be a inhibition subject but generally people are not enough to communicate on much topics. To the succeeding. Cheers like your Brétemas » Onte 44: TSQ.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará