Onte 2142: «O que fica fóra» de Manuel Rivas
O pasado ano fixéronse vinte e cinco anos da publicación d’ O pobo da noite (Xerais 1996), libro no que Manuel Rivas escolmaba a súa obra poética primeira, a publicada entre 1980 e 1995, tras a aparición do Libro do entroido (Edicións do Rueiro, 1980), Balada nas praias do Oeste (Sotelo Blanco, 1985), Mohicania (Edicións do Rueiro, 1986), Ningún cisne (Sotelo Blanco, 1986) e Costa da Morte blues (Xerais 1995). Unha publicación hoxe histórica, xa que o libro ía acompañado por vez primeira no catálogo comercial do libro galego dun cedé con trece poemas recitados polo autor, acompañado musicalmente por César Morán. Unha experiencia de edición expandida coa que abrimos o selo Xerais Media, a primeira experiencia de hibridación da edición en galego (1996-2000), na que ofreciamos produtos no que a poesía dialogaba coa música e ensaiabamos os primeiros produtos interactivos en cederrón.O proxecto d’ O pobo da noite, ademais, estendeuse en recitais polo país adiante, o que facilitou que a obra se reeditase ne varias ocasiós, daquela (e creo eu tamén hoxe) un feito pouco usual.
Probablemente, O pobo da noite foi, como ten sinalado a profesora Dolores Vilavedra, un ensaio preparatorio para a edición do macrotexto poético que Manuel Rivas publicaría en Do descoñecido ao descoñecido (Espiral Maior, 2003), no que recolleu os primeiros vinte anos da súa poesía. Daquel celme, ampliado n’ A desaparición da neve (2009), o primeiro libro multilingüe publicado en galego, castelán, éuscaro e catalán por Alfaguara, todo un acontecemento e un modelo (sen continuidade), e madurado no libro esencial que foi A boca da terra (Xerais 2015), agromou O que fica fóra (Apiario 2021), un libro arca, un poemario visual manuscrito na terra, un texto ecopoético, no que un Rivas lucidísimo reclama en plena pandemia o valor da natureza e da linguaxe.
Non é casual que Rivas dedique o libro a Aníbal Otero, «condenado a morte en 1936, cando apañaba fonemas na beira do río Miño, o filólogo biografado por Xesús Alonso Montero (Xerais 2011), pois do que trata é de apañar as palabras que fican fóra, que andan ás ceibas na liña do horizonte. Palabras manuscritas na natureza, na linguaxe críptica das cores, no alfabeto invisíbel dos cheiros, nos idiomas dos ventos… Un libro caligramado con poemas árbore, con poemas estrela, con poemas nacidos da pegada da tinta sobre esa natureza ao desvío do papel. Un libro de haikus secretos dun poeta como UxíoNovoneyra que non ten medo a enzoufar as mans.Un libro arca que queda aberto, un manifesto contra o medo e o silencio enmascarado. Un gran Rivas.
O que fica fóra_Manuel Rivas from apiario on Vimeo.



Lin con moito interese
O libro narra a vida cotiá en condicións deplorábeis dun dos 300.000 refuxiados, a maior parte deles, como Santiago, ex-combatentes do exército da República, nos campos de concentración de Saint Cyprien, Le Barcarès e Argelés-Sur-Mer. Lonxe de pretender retratar heroísmos, a obra relata en primeira persoa a miseria, a desgraza e o sufrimento dos internados, sometidos a situacións extremas, agravadas polas condicións climáticas, pola falta da mínima hixiene, a carencia de instalacións sanitarias, a escaseza de alimentos e auga e a crueldade dos gardas senegaleses. Xaora, ao autor cando fai memoria relatando as anécdotas desta vida tan precaria non lle falta nin o humor nin o xeito literario para construír unha peza emocionante para o lector, mesmo a pesar de que a súa intencionalidade, recollida dende o propio limiar, é ofrecer apenas un documento fidedigno e veraz sobre a vida dos exiliados españois nos campos de concentración franceses antes da ocupación alemá.
O rescate do esquecemento deste mecanoscrito constitúe, ademais, unha oportunidade para lembrar a Antonia Rodríguez Salinas, «Dona Antonia», a mestra que coa súa firmeza e sensibilidade marcou dende a súa escola da rúa Telmo Bernárdez a varias xeracións redondelás. Natural dun pequeno pobo de Guadalaxara chegou a Redondela co seu fillo Santiago para acompañar ao seu amor encarcerado na illa, unha historia extraordinaria merecedora de ser rescatada con outro lapis do carpinteiro literario. Como inesquecible e o seu labor como mestra de primaria, que utilizaba os textos de Federico García Lorca para a aprendizaxe da lectura e da escritura e axeitaba aquelas enciclopedias de Álvarez para que as súas clases de historia e xeografía preparatorias para os exames por libre fosen inesquecibles para os seus alumnos e alumnas. Memoria do labor educativo de dona Antonia que como a doutras esquecidas mestras particulares do franquismo merece ser recuperada.
Na segunda metade do pasado ano publicáronse varios títulos de non ficción en galego moi interesantes que amosan o pulo das nosas editoras independentes. Á biografía de 




A publicación de Breve historia da cidade de Vigo, o libro colectivo coordinado por J. Miguel González Fernández e publicado polo Instituto de Estudios Vigueses, constitúe un fito na historiografía viguesa como no catálogo de publicacións da nosa entidade de estudos locais. Seguindo o fío diacrónico e cun afán de alta divulgación non exento de rigor, o libro ofrece en case trescentas páxinas as claves sobre as que se alicerza a historia de Vigo e a súa área xeográfica. Un percorrido «Dende o Vigo prehistórico ao do final do Imperio Romano», estudado por Ramón Patiño Gómez e Fernando J. Costas Goberna, que presentan o patrimonio de gravados rupestres, poboamentos castrexos, vilas e instalacións de salgadura romanas. Percorrido continuado polos vieiros pouco coñecidos do Vigo medieval do poeta Martín Codax e das igrexas románicas de Castrelos, Coruxo e Bembrive, enfiados no relato de Elisa Pereira García. Vila amurallada e próspero porto pesqueiro e comercial atlántico, presentada de forma moi documentada e atractiva polo coordinador do volume no capítulo esencial dedicado á Idade Moderna.












