O futuro do transporte de ría
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemasNo artigo da semana reflexiono sobre o futuro do transporte de ría de Vigo. O anuncio unilateral por parte de Mar de Ons da supresión dos servizos das fins de semana e dos festivos de Moaña abre unha crise na que debe intervir a Consellaría de Política Territorial para asegurar o futuro dun servizo estratéxico para a mobilidade na área metropolitana de Vigo.
Campo do Fragoso LXVI
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemas
O CELTA MÁIS GALEGO
Ao Celta abondoulle unha magnífica primeira parte para vencer con claridade ao Salamanca, o actual líder deste frouxísimo campionato de segunda división, consolidando paseniño a súa remontada na táboa clasificatoria e a súa serie de nove partidos oficiais sen coñecer a derrota. Unha boa noticia. Arrincou este Celta, o máis galego que recordamos en moito tempo (cinco xogadores no cadro inicial), moi concentrado e presionante, interferindo dende o medio centro as liñas de pase do rival, que non conseguía dar dous pases con xeito. Ademais, no primeiro cuarto de hora, as subidas polas bandas do magnífico Dani Abalo (moi ben apoiado por un, afortunadamente, recuperado George Lucas) e de Ghilas crearon varias ocasións de perigo. Pouco despois, un bo pase interior de Trashorras permitiu a Dinei realizar un centro con moita rosca que un defensa, tratando de despexar, axudou a introducir na súa propia meta. O gol apupou aos celestes que continuaron co control do xogo durante outro cuarto de hora, para, logo, embarullarse no centro do campo ata o descanso. Porén, a segunda parte foi maliña, aburrida ao comezo e moi agobiante ao remate. Os visitantes, que ata entón non foran capaces de chegar en ocasión ningunha á área céltica, adiantaron un chisco as súas liñas e aseñorearon o encontro, o que motivou un repregue ultradefensivo celeste, ordenado polo seu medroso adestrador. Aínda que as numerosas chegadas salmantinas nunca tiveron perigo (semellaba incomprensible que este equipiño encabezase a clasificación), a inquedanza foi progresivamente aumentando na bancada, sobre todo, no comezo do derradeiro treito do partido, cando Roberto Lago foi expulsado por unha parvada de colexial, e os nosos quedaron en inferioridade numérica. A oportuna entrada de Óscar Díaz proporcionou o alento e a mordacidade da que carecían os célticos; un seu espectacular longueirazo, realizado en carreira e dende trinta metros, puido acougar o partido. Os cinco minutos de desconto foron infartantes, un pasacorredoiras no que a pelota circulaba coma tola dunha a outra área. Foi entón cando apareceu Trashorras, un xogador tan xenial coma aparentemente indolente (promete crear a inevitable polémica dos xogadores descontinuos que agachan no pé unha luva), que enganchou un balón no aire, dende fóra da área, e o enviou coma un misil entre a cruceta dos paos. Magnífico! Un dos mellores goles que temos visto nos últimos anos en Balaídos. Abandonamos o estadio cantando «Miña terra galega», o himno de Siniestro Total (todo un acerto do novo locutor), con esperanzas renovadas. Nesta segunda, todo está moi aberto.
Día de mortos
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Efemérides, Festas, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemas
No artigo da semana falo do «Día de mortos»mexicano, efeméride que coincide coas nosas de Santos e Defuntos ou do Samaín.Neste vídeo de carácter didáctico (doce minutos) amplíase a información sobre estas festas do «Outromundo».
Agustín, premio nacional
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Autores, Premios/por bretemas
No artigo da semana fágome eco da noticia do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil concedido a Agustín Fernández Paz. Creo que, despois de tantos anos a carón de Agus, é comprensible a miña enorme alegría, que sei comparte moita xente. Beizóns para el.
O libro galego mira cara fóra
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Eventos, Promoción do libro/por bretemas
No artigo da semana, escrito ás presas na Feira de Frankfurt, reflexiono sobre o proceso de apertura da nosa edición cara ao exterior.
Ramiro Fonte
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Autores, In memoriam/por bretemas
No artigo da semana fago unha semblanza, inevitablemente apresurada, do traballo literario de Ramiro Fonte.
Hoxe son numerosas as páxinas a el dedicadas nos xornais impresos e electrónicos e nos blogs (as nosas desculpas se non localizamos algunha que falta):
Foto: Paco Vilabarros.
- Ramón Loureiro: «Un creador para a eternidade», «Última entrevista», La Voz de Galicia.
- Ágatha de Santos: «Morre o poeta galego Ramiro Fonte», Faro de Vigo.
- A.R. López: «Unha icona da Xeración dos 80», «Adeus Norte», Galicia hoxe.
- Fran P. Lorenzo: «A poesía perde a Ramiro Fonte», El Correo Gallego.
- X. A. Perozo: «Ramiro», Galicia hoxe.
- La Opinión da Coruña.
- Daniel Salgado, «Fallece con 51 años el poeta Ramiro Fonte», El País de Galicia.
- Miguel Anxo Fernán Vello: «Poeta máximo», La Voz de Galicia (edición impresa).
- Suso de Toro: Obituario, El País.
- Miguel García Posada: Obituario, ABC.
- Anxo Lugilde: Obituario, La Vanguardia (edición impresa).
- El Universal (México).
- O levantador de minas.
- Cabrafanada.
- Ferradura en tránsito.
- Lándoa: «Pepe Cáccamo escribe a Ramiro Fonte», «Traxectoria poética de Ramiro Fonte» e «Abrir lectores lendo».
- Antón Castro (Zaragoza).
- Miguel Anxo Fernán Vello: «Ramiro», Galicia hoxe.
- Galicia hoxe (13-10-2008).
Suso Jares, ourive sensible
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Educación, Educación_para_a_Paz, In memoriam/por bretemas
No artigo da semana publico unha lembranza de Suso Jares. Ao longo da semana foron aparecendo diversos textos no seu recordo: os dous artigos de Marcos Valcárcel e a anotación e os comentarios no seu blog; a anotación do noso amigo Manuel Area Moreira (profesor de Tecnoloxía da educación da Universidade da Laguna); a de Klimta, a de Francisco Castro e os seus comentarios, o artigo de María Reimóndez an edición impresa d’ A Nosa Terra e os comentarios que deixaron os profesores Gloria Ramírez, JM. Alonso Muñiz e José Tuvilla Rayo no xerais blog… A todos eles o noso maior agradecemento polas súas palabras.
Actualización (06-10-2008): artigo de Xosé María Palmeiro, anotación de Bouzafría, condolencias da Coordinadora Galega de ONGD.
Victoria Diehl
/en Artes Visuais, Artigos, Artigos Faro de Vigo/por bretemas
No artigo da semana ofrezo unha crónica da nova exposición de Victoria Diehl, «Frías, fráxiles e durmientes», encadrada en «PhotoGalicia 2008». A magnífica exposición pode verse na sede de Policarpo Sanz da Fundación Caixa Galicia de Vigo.Cultura democrática
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Educación/por bretemas
No artigo da semana reflexiono sobre a implantación das tres materias de «Educación para a Cidadanía» que para min teñen como obxectivo primeiro o desenvolvemento dunha cultura democrática.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
O Vigo que deixamos11 de Xuño de 2026 - 6:46 a.m.
Alborada do fútbol vigués4 de Xuño de 2026 - 3:48 p.m.
Agustín Fernández Paz no «Álbum de Galicia»29 de Maio de 2026 - 8:43 a.m.
O noso estado da lectura29 de Maio de 2026 - 8:24 a.m.
Celtiña celtista25 de Maio de 2026 - 9:16 a.m.











