Entradas por bretemas

Onte 1970: «Un home estraño» de Antonio Tizón, presentación na Coruña

Case un cento de persoas participaron onte no salón de actos da ONCE da Coruña na presentación d’Un home estraño, segunda novela de Antonio Tizón, obra gañadora do Premio de novela curta «Cidade centenaria de Riveira». Quedarei sempre coas palabras tan agarimosas coas que o alcalde Xulio Ferreiro lembrou a Domingos Merino, o alcalde que […]

Onte 1969: «As cantigas de Martín Codax en 55 idiomas»

Gañei onte o día cando como membro do xurado dos Premios de relato e poesía da Universidade de Vigo me agasallaron un exemplar d’ As cantigas de Martín Codax en 55 idiomas, un libro arca editado con motivo da exposición en Vigo do Pergamiño Vindel. Máis alá do feito de que con esta edición as […]

Onte 1968: O «Diario Cultural» é máis que un programa de radio

Soubemos onte á noite da intención da dirección da CRTVG de suprimir o Diario Cultural da grella da programación da vindeira tempada da Radio Galega. Unha pésima noticia para o fráxil ecosistema da lingua e cultura galega que podería perder unha das súas trabes de ouro, un engrenaxe moi potente capaz de alentar cada tarde […]

Treixadura. «Inda canto!»

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a Treixadura, ao fío da publicación de Inda canto!, o seu sétimo disco: No país dos mil viños que é Galicia, a treixadura é a variedade branca raíña do viñedo do Ribeiro, aínda que tamén está presente nos brancos das denominacións Rías Baixas (Condado) e Monterrei. […]

Onte 1967: «Lou Andreas-Salomé»

Lou Andreas-Salomé, a escritora rusa que fascinou a Nietzsche, Rilke e Freud, é a protagonista do biopic dirixido por Cordula Kablitz-Post, que nestes días se proxecta en Galicia. Un relato bastante convencional, tanto na estrutura memorialística como na composición visual, que reconstrúe a peripecia biográfica desta pioneira da psicánalise, unha muller de entre séculos adiantada […]

Onte 1966: «O lobo con botas»

Unha das sorpresas recentes da nosa lix é a irrupción dos álbums de El Hematocrítico e do ilustrador Alberto Vázquez subvertindo coa ferramenta da retranca os contos tradicionais do gato con botas e o lobo feroz. Tras o extraordinario debut de Feliz Feroz. O lobiño riquiño (2016), ao que seguiu Axente Riciños (2016), os coruñeses […]

Campo do Fragoso CCXII

DERBI SEN ALMA Despois de temporadiña tan ruín para o fútbol galego como esta pouco se podía agardar dun derbi no que o Deportivo chegaba descendido e o Celta eivado, con Aspas lesionado no palco e co adestrador desmotivado, cando sabe que non será renovado un segundo ano. E foi o de onte un derbi […]

Onte 1964: Referentes xeracionais

Como sucedera a pasada semana na libraría Moito Conto da Coruña, a conversa que mantiveron onte en Librouro Ledicia Costas, Antonio Manuel Fraga e Jacobo Fernández Serrano expresou a madurez e plenitude creativa acadada polos membros da Xeración da Esperanza que por ventura está anovando dende a raíz a nosa literatura infantil e xuvenil. Reunidos […]

Onte 1963: «A noite das bicicletas» de Teresa González Costa

Acompañamos onte no Grove á nosa admirada Teresa González Costa na presentación d´ A noite das bicicletas. Transcorridos oitos anos da publicación d’ A filla do ladrón de bicicletas, este sétimo libro de Teresa no catálogo de Xerais constitúe unha precuela daquel extraordinario premio Merlín, un dos mellores libros infantís desta década, no que como aqueloutro […]