Entradas por bretemas

Alarma

Hai días amosei a miña preocupación, hoxe a miña alarma: volvín escoitar á Conselleira de Educación expresarse pola radio en castelán. Vai ser este o seu modelo lingüístico?

Revisitar os clásicos

Hoxe participei, xunto con outros editores infantís e xuvenís, nunha mesa redonda sobre a edición de adaptacións, versións e traducións dos clásicos. O acto formaba parte do IIº Curso de Formación Continua de Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos organizado pola Universidade, Gálix e a Biblioteca Nova 33 e que nesta edición xira […]

Máis sobre os libros de texto

O vigués Fernando Valverde, presidente de CEGAL (confederación de libreiros), criticou duramente a política de descontos dos libros de texto, medida aprobada polo goberno do PP que Zapatero, a pesar das súas promesas, non ten coraxe a eliminar. Opinión na que abonda, Mauricio Santos, o presidente de ANELE (asociación de editores de libros educativos).Os primeiros […]

Retos para a política educativa

As intervencións da nova Conselleira de Educación sempre teñen miga. O anuncio da revisión dos convenios coa privada amosou un rigor e unha afouteza á que non estabamos afeitos. As posteriores declaracións radiofónicas en castelán (un feito ao que nunca se atrevera ningún dos conselleiros anteriores do PP) enchéronos de enorme preocupación. Hoxe, porén, aparece […]

Filias e fobias

O artigo de hoxe de Ferrín é deses que vai dar moito para falar. Canto menos abre dous grandes debates: por unha banda, o da necesidade de que todos os políticos do novo Goberno Galego atendan as chamadas do mundo da creación cultural (que ten o dereito e a obriga de expresar a súa opinión, […]

O terceiro mundo no arrabalde do imperio

Juan publica un post sobre o que está sucedendo en Nova Orleans verdadeiramente memorable. Que máis se pode dicir? Recomendo vivamente consultar todos os seus enlaces. Willysifones, tamén, ten outro, sobre o mesmo tema, magnífico. E Acedre continúa informando desde alí. Actualización (03-09-2005): Imprescindibles os dous posts que lin hoxe de Ian.

Clásicos Universais

A presentación da colección Clásicos Universais encheu o Caixanova. A verdade é que o acto foi entretido e, nalgúns momentos, moi interesante. Foron magníficos o discurso moi propositivo e literariamente fermoso da conselleira Ánxela Bugallo e a actuación musical de Fran Pérez (un descoñecido para a maior parte dos presentes). O presidente da RAG, grande […]

Nova editora

Souben hoxe da xestación dunha nova editora que pretende especializarse na publicación de traducións de textos da literatura galega. Decontado, seguro, haberá noticias.

Mundo Celta

Xavier Piñeiro envíame por correo un enlace con esta páxina sobre a cultura dos países celtas. Os datos sobre Galicia poderían estar máis actualizados e algúnhas referencias son un chisco tópicas, aínda que sempre é de agradecer que se nos inclúa nesta simpática comunidade da esperanza.