Máis sobre os libros de texto

O vigués Fernando Valverde, presidente de CEGAL (confederación de libreiros), criticou duramente a política de descontos dos libros de texto, medida aprobada polo goberno do PP que Zapatero, a pesar das súas promesas, non ten coraxe a eliminar. Opinión na que abonda, Mauricio Santos, o presidente de ANELE (asociación de editores de libros educativos).
Os primeiros datos e impresións que fomos recollendo (onte mesmo falaba cun importante libreiro) amosan que esta campaña de texto está sendo moi frouxa para as libreirías, gañando imparablemente terreo as grandes superficies (que xa chegan a acordos directamente con algunhas ANPAS). Cantas librarías pecharán este ano? Que repercusións pode ter isto para a estrutura e o emprego nas editoras?
3 comentarios
  1. txetxu barandiarán
    txetxu barandiarán Dice:

    ¿Y qué consecuencias tienen también y con anterioridad las ventas directas de los editores que suponen en el libro de texto, según cifras del 2003 131 millones de euros que no pasan por el canal?. Ello supone, en número redondos, no permitir la existencia de 1000 empleos en las librerías. También debemos ejercer la autocrítica ya que esto también tiene una seria consecuencia sobre el propio mercado editorial y sobre el canal.

  2. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Non comparto esas prácticas comerciais dalgúns editores. Máis aínda, temo que unha posible xeralización da modalidade de gratuidade mediante o sistema de préstamo puidese aumentalas. esa famosa nova lei do libro debía regular estes e outros aspectos.

  3. hojasdehierba
    hojasdehierba Dice:

    Coido que deberíamos preguntarnos se é lóxico que as librerías vivan das ventas de libros do ensino obrigatorio…
    Vexo as librerías da vila onde vivo (50.000 habitantes). Non hai ningunha que debera estar aberta se non fora polos libros de texto.
    Libros de texto da escola, porque cando pido algún libro para os meus estudos, xamais o consiguen.
    Apenas poden ofrecer DaVincis e algunha que outra novidade. Case nunca consigo mercar un libro aquí. Certo que quizáis neste tipo de vila grande adoita a haber algunha librería mellor, pero aquí non. Se algunha das que hai pecha, sentireino polos seus donos, máis non empobrecerá as miñas posibilides de elixir: cando quero mercar libros, fago 70 kms. en coche e vou a unha cidade.
    E cando preciso algún libro para a carreira e, por tanto, en inglés, xa podo tirar de Internet.
    Saúdos.

Los comentarios están desactivados.