Galego na escola
No artigo da semana reflexiono sobre a posta en marcha d0 plan experimental de ensino monolingüe galego na educación infantil. Etiquetas: Artigos, Galego, Educación
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6821 entries already.
No artigo da semana reflexiono sobre a posta en marcha d0 plan experimental de ensino monolingüe galego na educación infantil. Etiquetas: Artigos, Galego, Educación
Magnífico o artigo de Alba Nogueira. Ten moita razón na necesidade de “crear e fortalecer unha industria que, normalizadamente, dispoña de libros, discos, videoxogos, películas ou actuacións teatrais ou musicais en galego que favorezan a socialización en galego das nenas e nenos”. Para afrontar o proceso de regaleguización dos nosos pequenos é imprescindible tanto unha […]
Nesta páxina pódese atopar unha boa mostra de vídeos de música dos oitenta (Agradecidos, Pedro). A verdade é que non está todo e hai moita paxarada, mais, fedellando aínda se poden atopar cousas ben xeitosas. Entre tanta ramallada atopei aos meus amigos de Siniestro, tan noviños que non puiden evitar publicalos. Etiqueta: Música, Siniestro, 80
Hoxe abriu a Feira do Libro de Compostela. Con respecto a edicións anteriores nótase un claro baixón do número de expositores (apenas vinte e seis), o que pode ser outro síntoma da crise deste modelo de promoción e do propio mercado do libro. Porén, as boa noticias son o elevado número de asinaturas de autores […]
Hoxe subimos o adianto d’ As inxurias da guerra, o novo ensaio de Xosé Luis Barreiro Rivas. Un libro moi traballado no que se recolle a crónica da guerra e dos conflitos políticos internacionais dende o 11-S. Creo que vai sorprender moito. Estará nas librarías galegas na primeira semana de maio. Etiquetas: Xerais, Guerra, Barreiro
Abril sempre. Etiquetas: Portugal
Estamos introducindo algunhas melloras no web da editorial. A partir de hoxe poderá consultarse a axenda de actos e baixar adiantos das novidades literarias en pdf (o primeiro: trece páxinas de Home sen nome, a novela de Suso de Toro, que estará nas librarías a partir do día 9 de maio). Nos vindeiros días tamén […]
Cando camiñaba cara á presentación quedei magoado ao comprobar que a Libraría Gali pechara. Apagou este prodixio, a libraría máis antiga de España sen remodelar, que sobrevivía intacta desde 1872 no número 66 da rúa do Vilar. Apenas un carteliño no escaparate indica o traspaso do local. Como editora e libraría hai xa algúns anos […]
OUBIÑAS VEÑENO sábado o Celta precisou só media hora para facerse dono dun partido decisivo para as súas aspiracións europeas contra un frouxo e inocente Zaragoza, moi abaixado tras a derrota da final copeira. Paseniño, como é adoito nos de Fernando Vázquez, a solidez defensiva celeste (Lequi é Contreras son a mellor parella de centrais […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
