Congreso Galego da Lectura

Grazas a Txetxu fomos seguindo estes días con moito interese o desenvolvemento do Congreso Nacional de Lectura de Cáceres. Semella que, coa excepción da insistir na retórica de considerar a lectura e o libro como unha cuestión de estado (aquí en Galicia expresamos esta mesma idea identificando o libro como “sector estratéxico”), non existiron moitas propostas novidosas sobre cómo impulsar esa mobilización da sociedade a prol da lectura. Eis onde está o miolo de problema do que tanto falamos: é moito máis doado enunciar a gabanza da lectura ca establecer políticas compartidas para promovela como hábito saudable par os cidadáns.
A pesar do incerto dos resultados deste tipo de convocatorias, non estaría de máis que neste mes dos libros as Consellarías de Cultura e Educación convocasen conxuntamente un Congreso Galego da Lectura a celebrar a finais deste ano. Un gran encontro deste tipo –onde deberan participar autores, editores, mediadores, lectores e administracións públicas– debería constituír o revulsivo que precisamos para lanzar o Plan Galego da Lectura. Os axentes galegos da lectura precisamos visualizar publicamente un debate nacional sobre a revolución lectora que queremos promover. Temo que a pesar das boas intencións expresadas polos responsables actuais das Consellarías de Cultura e Deporte e de Educación algo está fallando na coordinación das súas accións sobre o libro e a lectura que debería constituír un elemento transversal e unha prioridade do goberno bipartito. Este abril dos libros debería servir para intensificar o ritmo das políticas públicas sobre o libro e a lectura en Galicia. Neste tema non podemos ir tan amodiño.
Actualización (09-04-2006): sobre a cuestión da lectura recomendo visitar interesantes propostas e reflexións recentes:

Etiquetas: ,
7 comentarios
  1. Peke
    Peke Dice:

    Non sei até que punto é positivo poñer tantas esperanzas nas iniciativas estatais para fomentar a lectura. Ás veces seméllame que papá estado ten abertas demasiadas frontes para poder con todas elas.

  2. marcos valcarcel
    marcos valcarcel Dice:

    Excelente idea a de propoñer un CONGRESO GALEGO DE LECTURA. E que participen no mesmo todos os axentes relacionados co libro e a lectura: editores, escritores, bibliotecas, libreiros, críticos, difusores da literatura en xeral, etc. Poderían saír cousas interesantes dun encontro tan plural e sería un bon recurso para esixir a atención das administracións a esta faciana da nosa cultura.

  3. txetxu
    txetxu Dice:

    Me llama la atención que reduzc´´ais d alguna manera el fenómeno de la lectura a los agentes sólo del libro.

    Soy también bastante excéptico a los grandes congresos

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    A min ningúén me animou a leer na infancia e sempre fun unha lectora empedernida. E iso que daquela non había tantos libros e tantos medios a disposición do lector. O que é lector, xa buscará que leer. As cousas impostas dende arriba nunca soen ser un acerto. ¿non se estará manoseando demasiado o tema de leer? Hay tanto de todo hoxendía…

  5. náufrago
    náufrago Dice:

    Señor Brétemas: quitoume vostede a idea, pois estaba a piques de facer a mesma proposta. De feito, no meu blog levamos falando dese congreso boa parte da última semana. Ese congreso habería que facelo xa, pero, como dixo alguén, se esperamos a que parta a iniciativa das institucións…. imos de lado. Ao mellor se pode facer ese Congreso Galego da Lectura pero partindo, como en tantas outras cousas, da iniciativa civil. Non sei por que a Administración ía convocalo, a verdade.

  6. Brétemas
    Brétemas Dice:

    As administracións teñen a obriga de promover este tipo de encontros. Forma parte das súas responsabilidades. A sociedade civil estamos xa realizando ese congreso de forma informal (por exemplo nas nosas intervencións na rede, no funcionamento dos clubes de lectura, nos centros docentes, nas presentacións de libros e outros actos arredor da lectura). O que boto en falta é maior enerxía e convecemento na idea da necesidade imperiosa de convertir a lectura no centro das políticas culturais. Sei que esa é unha teima que compartimos moitos, aínda que, como se pode comprobar, aínda non calou o suficiente.

  7. náufrago
    náufrago Dice:

    Absolutamente de acordo. Pero temos que pasar da “informalidade” dese congreso que, é certo, estamos a facer doutra maneira, a unha concretización dalgunha clase. Por suposto que a administración ten a obriga, pero como non ten a vontade… Saúdos.

Los comentarios están desactivados.