A paciencia da araña

É unha marabilla esta oitava novela protagonizada polo comisario Salvo Montalbano. Andrea Camilleri demostra, outra vez máis, que é un mestre da melancolía intelixente para lectores cultos que asumen o reto de participar na construción dun texto esixente. Como sucedera na anterior, Camilleri propón que o lector poña en cuestión as súas crenzas e asuma aos seus medos, sabendo que aínda que é difícil abandonar a tristeza deste mundo que nos disgusta, sempre hai un resquicio para a esperanza.
Aos camilleristas, unha auténtica confesión secreta á que pertenzo (desque lin O can de terracota), non fai falta recomendarlla, xa que lle temos lei ao mestre siciliano. Aos que ainda non se atreveron ou manteñen prexuízos (por tratarse dun autor con moitos milleiros de lectores en todo o mundo), aconséllolla vivamente. Depararálles moitas sorpresas e creo que logo seguirán con esta e, quen sabe?, se co resto das outras.

1 comentario
  1. Peke
    Peke Dice:

    Así que xa saíu. Estou desexando tela nas mans.
    A última que lle lin foi La captura de Macalé, que non é de Montalbano. Estarrecedora ao tempo que estupenda. Alégrome de que formes parte do club 😉

Los comentarios están desactivados.