Home sen nome


Empregando formas achegadas ao drama, Suso de Toro ofrece a súa obra literaria máis ambiciosa: un relato de ficción intenso e emotivo onde pairan como teón de fondo os acontecementos da represión en Galicia durante os días do alzamento e os anos da posguerra. Unha reflexión perturbadora sobre a memoria que deita a mirada dun dos verdugos. Unha novela que procura as palabras necesarias que expresen e absolvan tanta dor afogada.Esta foto de Vari Caramés será o motivo da portada.
Fermosa foto.
ler tic-tac cambioume a vida. e fíxeno uns días antes da miña primeira entrevista, precisamente con suso, cando aínda estaba en primeiro de xornalismo. estaba tan nerviosa que non me saían as palabras…
Estou a ler esta novela. Desacougante, apaixoante…?. Fai reflexionar sobre a natureza humana. Inesquecível.