Entradas por bretemas

Ler e escribir en Galicia

Estes días rematei de ler o último libro do catedrático Narciso de Gabriel, Ler e escribir en Galicia, unha investigación (merecedora do premio Concepción Arenal) sobre a alfabetización dos galegos e galegas dende 1860 a 1990.Como é adoito neste autor (o noso primeiro estudoso sobre historia da lectura e da alfabetización en Galicia), o traballo […]

Mestre Viascón

Si, señor. Estou de acordo cen por cen coa elección do xurado, “In the ocean” é con diferenza o mellor ghit do verán galego. Beizóns, para o noso benquerido amigo, o xenial mestre Viascón. Etiquetas: Viascón, Apologhit, Música

Recordo de Manuel

Almiral Mouchez lembra neste blog, moi oportunamente, que hai hoxe dous anos morreu Manuel María. O autor de Brétemas do muiñeiro e Muiñeiro de brétemas foi quen escribiu: “Un poema é un ser vivo que anda, respira, soña, chora, salouca, ama, berra, cintila e escurece, (…) E nunca morre”. As palabras de Manuel seguen vivas […]

Ollo coas faragullas!

Non hai dúbida de que dende hai unha boa tempada os pronunciamentos da Federación de Asociacións de Veciños de Vigo sonche moi institucionais e disciplinados.Esta semana non nos sorprendeu (xa estamos afeitos) que poucas horas despois de que a alcaldesa anunciase que o Concello de Vigo escollera Cabo Silleiro para que a Xunta ubicase alí […]

Exit

Grazas a Michelena e Comunicación Cultural chego á versión dixital da revista trimestral Exit, dedicada ás artes visuais máis características do século XXI, que ofrece no seu último número un monográfico sobre “Lectura e lectores“. É magnífico todo o material fotográfico publicado arredor do acto de ler, dos espazos para a lectura e do mundo […]

Little children

(Little children) Julián Gallo di que é o mellor trailer do ano. Unha narración dunha atracción implacable de pouco máis de minuto e medio. Baseada nunha novela de Tom Perrota, os produtores da película de Todd Field afirman que propón unha novidosa relación entre a literatura e o cine. Haberá que comprobalo. Etiquetas: Cine

Menchu no CGAC

Mañá abre a exposición de Menchu Lamas no CGAC, a que promete ser unha das máis importantes exposicións da tempada. Sempre tiven unha grande querenza e admiración polo traballo desta pintora de trazo rotundo e apaixonado. Gosto da depuración á que ven sometendo as súas características iconas, tanto pola intensidade no tratamento da cor coma […]

Espazo colaborativo de libreiros

Txetxu, esa fonte inagotable de iniciativas, cumpre unha promesa e ofreceeste wiki sobre o traballo na libraría. Un espazo aberto, colaborativo e moi práctico dirixido aos profesionais da libraría, mais tamén moi interesante para os que traballamos noutros elos da cadea de valor do libro (como os distribuidores, editores e, mesmo, os bibliotecarios). Indispensable para […]