Enfrontamento galego

Fernando Vázquez gañoulle comodamente a partida a Luís Cesar, no primeiro enfrontamento de adestradores galegos desta tempada. Gustoume moito o espírito contra atacante do Celta, sobre todo nas combinacións dese triángulo formado por Nené e Cannobio co noso John Deere Baiano. Fronte a un rival coraxudo, amosamos que posuímos doses de calidade suficientes, alén de serenidade e disciplina defensiva dabondo, para gañar con facilidade en case calquera campo. Polo que vimos hoxe, semella que esta tempada os de Fernando van xogar máis cómodos e vistosos nos seus desprazamentos ca en Balaídos.
Mágoa desa lesión grave de Lucas (arrepiaba na pantalla ver como se esgazou o nocello, ten fractura), un rapaz que promete moito e que estaba formando unha eficaz sociedade de ataque con Gustavo (a súa velocidade é a maior sorpresa nosa deste inicio da liga). Esta vitoria dará azos aos celestes para preparar con maior confianza o encontro decisivo do xoves co Standard de Liexa (adestrado, desde hai uns días, polo antigo porteiro Michel Preud’homme, que fala un portugués moi fluído). Por certo, o xoves sairemos cediño para Bélxica coa Federación Peñas na que agardamos sexa a primeira viaxe futbolística da tempada europea.

Etiquetas: ,
2 comentarios
  1. Veloso
    Veloso Dice:

    A estas alturas da tempada, nótase moito que os equipos ascendidos aínda teñen mentalidade de segunda división. O Celta fixo o que tiña que facer: aproveitar as ocasións e deixar clara a evidente superioridade.
    Moito ánimo a George Lucas e moi boa viaxe aos afortunados que van a Liexa.

  2. Krasnoludek O Trasno
    Krasnoludek O Trasno Dice:

    O certo e que e unha delicia ler a cronica deportiva do Celta no teu blog. Estes dias non tenho internet na casa e tiven que agardar a ver os resultados na TV. E curioso o dependente que se fai un de internet as veces …..

    A verdade e que eu non tenho moitas posibilidades de ver os partidos do Celta pola television, asi que espero velos en directo nalgun partido da UEFA.

    Unha aperta…

    P.D: Disculpas por non acentuar

Los comentarios están desactivados.