Entradas por bretemas

Muros do medo

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/s9UILicl6OA” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Ao fío da publicación de Valados, o máis recente libro de Agustín Fernández Paz, imos descubrindo máis pezas que denuncian estes valados  ou muros creados para separar e dividir a uns seres humanos doutros. Semella que esta peza, apenas cinco minutos e medio, está concibido para introducirnos nao extraordinario […]

Velaí o solimán do novo decreto do galego

Semella que mañán se cumprirán os nosos peores agoiros. O solimán do novo decreto de uso do galego virá no modelo lingúístico escollido para a Educación Infantil, onde se os criterios pedagóxicos non o remedian, será unha votación entre os pais a que determine a lingua vehicular da aula e na que se realizará de […]

«Falemos galego» e «Galego na escola»

Camilo Nogueira, cando era presidente da Asociación Cultural de Vigo, mandou imprimir dúas mil pegatinas de cor azul que rezaban «Falemos galego». Impresas na Serigrafía Galega de Álvaro Álvarez Blázquez, aqueles autocolantes foron un vehículo privilexiado para promover o uso do galego entre a mocidade urbana a comezos dos anos setenta. A boa acollida da […]

«2010. Ano do Libro e da lectura»

No artigo da semana de Faro de Vigo expreso a miña perplexidade por este ano bonsai do libro e da lectura que anuncia a Consellaría de Cultura e Deporte. Se non se modifica o enfoque decontado, proporcionándolle un carácter transversal que abranga a todas as consellarías e administracións e dispoñendo de máis medios, estamos diante […]

Leite frito

Para Maripola e Montse, que reiventaron a tradición. Cando a Caixa de Aforros plantaba o piñeiro iluminado, sabiamos que chegara o Nadal. Os raparigos ateigabamos a entrada da oficina central de García Barbón para admirar as grandes figuras articuladas do belén e comprobar que os reis aínda estaban moi lonxe de chegar ao seu obxectivo. […]

A Noite da Edicion 2009

Os editores galegos celebramos onte no Liceo de Ourense a quinta Noite da Edición, na que se entregaron os premios ás mellores producións de 2009 e rendimos homenaxe á Nova Galicia Edicións pola súa brillante traxectoria nos seus primeiros vinte e cinco anos de vida. Tras as catro edicións anteriores nas que os premios se […]

Prehistoria da edición de recursos educativos en galego

«A edición de recursos educativos en galego. Achega a unha prehistoria» é o título da intervención que mañá farei no seo das II Xornadas «Os recursos educativos en galego», que organiza a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. O texto completo da intervención pode baixarse en pdf […]