Entradas por bretemas

Os números mandan na fusión

Tras a expectativa creada pola dispoñibilidade das dúas caixas para estudar as posibilidades de fusión, a partir da vindeira semana serán os números os que manden. Semella que por esta análise de Capital Madrid as dificultades para poder cadrar os números van ser importantes, xa que o Banco de España probabelmente só achegará 1.500 millóns […]

A Comunidade Educativa rexeita o borrador do Decreto de Plurilingüismo

Por moito que se esforcen os seus promotores en agochar o claro rexeitamento que o Consello Escolar de Galicia realizou onte do borrador do Decreto de Plurilingüismo, esta situación constitúe un feito absolutamente inédito na nosa historia educativa. Ningún Goberno ousou modificar aspectos fundamentais referidos ao funcionamento do sistema sen contar co apoio do Consello […]

«Inmunda escoria» e a memoria histórica antifranquista

Este serán presentaremos no Salón Nobre de Fonseca Inmunda escoria, a formidable obra de Ricardo Gurriarán sobre as mobilizacións estudantís na Universidade de Santiago durante o franquismo. Para o evento contamos coa participación de Vicente Álvarez Areces, o presidente do Principado de Asturias e destacado protagonista dos acontecementos do estoupido do 68 que pechan este […]

2 de abril, Día internacional do libro infantil e xuvenil

O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, unha celebración promovida polo IBBY que coincidindo co nacemento de Hans Christian Andersen pretende achegar os valores da lectura á infancia de todo o planeta. desta volta correspondeu a confección do cartel á ilustradora Noemí Vilamuza e do texto da mensaxe ao […]

Reconquista popular

No artigo da semana rememoro o carácter popular da festa da Reconquista, que hoxe celebramos en Vigo, ao abeiro das achegas bibliográficas recentes de Eduardo Rolland e Xosé Ramón Barreiro Fernández. A pesar do moito que se ten avanzado no coñecemento e interpretación destes feitos,  continúan existindo zonas de sombra para os historiadores, como é […]

Coñece a David Vidal, o xenio de Portosín

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/C7-L6OS-OMc” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Fc-_QNBhLuo” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Algúns vídeos protagonizados polo motivador de Portosín son xeniais.

Presente e futuro do Libro Galego

Mañá pola mañá estaremos no foro «Presente e futuro do Libro Galego» organizado por El Correo Gallego. A partir das 12.00 participarei nunha mesa redonda sobre «Innovación e novas tecnoloxías no libro galego» na  que acompañarei aos editores Carlos Lema e Juan Blanco Valdés, cao director de cultragalega.org Manuel Gago e co presidente do Clúster […]