Entradas por bretemas

O futuro das pantallas

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/g7_mOdi3O5E” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Aconsello este vídeo, enlazado por Manolo Gago (grazas, meu), no que se especula sobre como será a lectura sobre pantallas na fronteira do ano 2014. Unha interesante peza para ser utilizada como recurso didáctico.

«Unha literatura infantil e xuvenil sen temas vetados»

Estes días do Congreso do IBBY no que andamos provocaron que me fixeran varias entrevistas sobre a Literatura Infantil e Xuvenil. Sabrina Rodríguez preparou esta para a axencia EFE baixo este chamativo título: «Manuel Bragado defiende una literatura infantil y juvenil “sin temas vetados”». Agradezo á xornalista o seu esforzo por resumir unha conversa na […]

Os medios en galego importan

Apoiamos o texto deste manifesto a prol dos medios de comunicación en galego: Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que […]

«Febrero, nadador olímpico»

No artigo da semana de Faro de Vigo fago unha homenaxe a Alejandro Febrero Lorenzo, o primeiro nadador olímpico galego, participante nos Xogos Olímpicos de Londres de 1948 nas disciplinas de 40o e 1500 metros crol (estilo libre). Esta figura debe ser revificada entre os novos deportistas vigueses. O seu exemplo de esforzo, tesón, afouteza, […]

Vigo 1960

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/yNNsJPbExug” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Procurando información na web sobre Alejandro Febrero, o primeiro nadador olímpico galego (Londres 1948), de quen me ocuparei no artigo do vindeiro luns en Faro, volvín dar con este vídeo sobre o Vigo da miña infancia. Non puiden evitar as saudades e aquí o deixo para compartir. Emocionante para […]

«Fuck Me, Ray Bradbury» de Rachel Bloom

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/e1IxOS4VzKM” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Simpático tema da humorista e cantante Rachel Bloom que homenaxea ao escritor Ray Bradbury, autor entre outras marabillas de Crónicas marcianas e Fahrenheit 451. A canción de Bloom constitúe unha intelixente parodia do xénero da ciencia ficción, transformando ao nonaxenario escritor en estrela e aos seus libros en pezas […]

Matilda vai á biblioteca

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/bOplIzj6dOM” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Memorable inicio de Matilda, a película baseada na novela do meu admirado Roald Dahl. Matilda vai á biblioteca e inicia o seu interese polos libros. Uns minutos contundentes sobre a paixón pola lectura.