Entradas por bretemas

«O libro electrónico: presente e futuro na biblioteca e no ensino»

O luns e o martes celebraranse na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña unhas interesantes xornadas sobre «O libro electrónico: presente e futuro na biblioteca e no ensino». O programa pode baixarse aquí en pdf. As organizadoras tiveron a deferencia de convidarme a falar o luns á mañá de «Propiedade […]

Campo do Fragoso XCV

A CRÚA REALIDADE Tras senllos empates consecutivos fronte ao Villarreal B e o Granada, o Celta pechou un magnífico ciclo de seis vitorias que nos deixou aos seareiros un sabor moi dóce e obrigou a un exercicio notable de contención da nosa euforia. Porén, volvemos á crúa realidade de enfrontarnos ás dificultades dunha categoría dificilísima, […]

Virxilio Viéitez no Marco

Cando se cumpren dous anos da morte de Virxilio Vieitez, o fotógrafo de Soutelo de Montes, acaba de inaugurarse un completísima exposición retrospectiva no Marco (case trescentas pezas) que desvela boa parte da súa obra que permanecía inédita. A exposición, coproducida polo Marco e pola Fundación Telefónica e comisariada pola italiana Enrica Viganó, vai máis […]

Libraries Will Survive

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/T8QjjKrEK7Y” width=”780″ height=”440″ wmode=”transparent” /] Os lipdub continúan sendo un xeito para vehiculizar as protestas. Eis a duns bibliotecarios estadounidenses que denuncian os recurtes dos seus orzamentos. Velaí unha proposta de actuación posible diante dos recurtes nas políticas culturais e de promoción da lingua? Vía Trafegando ronseis.

Simposio da AGE sobre o fomento da lectura

Os días 18 e 19 de novembro celebrarase en Compostela (no centro sociocultural de Caixanova na praza de Cervantes) o VII Simposio O Libro e a Lectura que organiza a Asociación Galega de Editores. «Fomento da lectura. Unha nova fronteira para o libro» é o tema que artella un programa de conferencias, mesas redondas e […]

Culturgal volve a Pontevedra

Hoxe presentamos a edición do Culturgal 2010. A Feira das Industrias Culturais Galegas do 26 ao 28 de novembro volve ao Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra, o berce onde recibiu os seus primeiros aloumiños en 2007. Un Culturgal moi renovado organizativamente, máis sólido ca noutrora xa que está alicerzado no traballo de seis […]

«A memoria da lingua», trailer

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/sTvqD0kN4XI” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Avance do documental A memoria da lingua realizado polas Candogas do Quirombo. Semella que será moi interesante. Como tamén é imoi recomendable esta anotación de Carta xeométrica, «A lección de dona Pepita», sobre o vídeo de «Vivir cada día» recuperado polo blog Friol.

Día da Ciencia en galego, 4 de novembro

Recibín hoxe a noticia de que un grupo moi numeroso de entidades, asociacións, sindicatos, universidades e centros educativos de toda Galicia celebrarán  o día 4 de novembro o primeiro Día da Ciencia en Galego. A efémeride estará dedicada a Ramón María Aller, Afonso X e James Clerk Maxwell. Os organizadores propoñen  facer actividades divulgando a […]