Entradas por bretemas

A historia de sempre

La historia de siempre (2009) from Roger Batalla on Vimeo. Recomendo esta curtametraxe de J.L. Montesinos, o xove director catalán. A interpretación de Miguel Ángel Jenner é magnífica e a peza recibiu varios premios desque foi estreada en 2009. Pagan a pena eses case doce minutos. A marabilla da narración, a crueza da vida.

Recurtes nas bibliotecas públicas

A contundente denuncia dos responsables de ANABAD Galicia sobre os recurtes na rede de bibliotecas públicas é outra mostra máis da falta de política de lectura do Goberno Galego. Os datos achegados polos bibliotecarios non ofrecen dúbidas: o incremento de usuarios nas bibliotecas públicas galegas-tanto de visitantes, socios como de préstamos-, como do número das […]

«Maxicamente vello»

Máxicamente vello from PAI Música on Vimeo. Acabo de mercar Maxicamente vello, o segundo disco de Roi Casal. Unha marabilla! Xa coñeciamos dende hai case dous anos a canción que dá título ao disco, un fermoso tema sobre o idioma galego, baseada nun texto de Manuel María. A pesar do comezo vacilante da versión do […]

«El día de mañana», un clásico de Ignacio Martínez de Pisón

Non teño moitas posibilidades para seguir a todos os autores interesantes da narrativa contemporánea española. Con todo mantéñolle fidelidade a tres persoas: ao encantador Luis Landero, ao firme Isaac Rosa e ao engaiolante Ignacio Martínez de Pisón. Tres novelistas que trato de seguir e que, até agora, poucas veces me decepcionaron rotundamente. Esta foi a […]

Bibliotecas

bibliotecas from SonCine on Vimeo. Únome a adhesión ao traballo dos 300 docentes que pulan polas bibliotecas escolares galegas. Creo que esta é un peza emocionante. Sen palabras. SonCine continúa a súa vizosa andaina (conta xa con 44 vídeos).

Golpe á lingua

Golpe á lingua from cig-ensino on Vimeo. Un vídeo interesante da CIG-Ensino que ordena e visualiza o proceso de retroceso institucional da lingua promovido polo PPdeG dende 2007. Mágoa dalgunhas incorreccións nos títulos iniciais e do xenio necesario para aguantar as barbaridades negacionistas que pretenden xustificar a derrogación da Lei de Normalización Lingüística,