Entradas por bretemas

Lectura cidadá

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da celebración do Galeuscat de editores 2011 na illa de san Simón, reflexiono sobre o enfoque do fomento da lectura e o concepto de lectura cidadá. Vinte editores galegos, vascos e cataláns, reunidos nas instalacións da illa de San Simón, debatemos durante a pasada fin […]

AMV, un consenso necesario

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a necesidade de acadar un consenso arredor da Lei da Área Metropolitana de Vigo (AMV). O resultado das municipais do 22-M trasacordou a posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo (AMV). O fracaso do Partido Popular en Vigo e dos gobernos de coalición de […]

Librería Vagalume

Nestes tempos difíciles é unha fachenda anunciar a apertura dunha nova libraría. Tan fermoso acontecemento producirase o venres, 1 de xullo, ás 20:30 horas na rúa Constenla 37 de Cacheiras, no concello de Teo, momento no que abrirá as súas portas a Librería Vagalume. Os mellores desexos para a libreira Mariña Lema Ruibal, que soubo […]

Galicia Hoxe

O peche de Galicia Hoxe é o enésimo fracaso colectivo do proxecto de Galicia como nación cidadá. O ecosistema da lectura en galego, esa arboriña que agarimamos dende hai máis de cento cincuenta anos, perde outro dos seus froitos máis preciosos.  Inevitablemente, dende hoxe todo este ecosistema e toda a súa biodiversidade quedará moi danado; […]

Recurtes na educacion pública

No artigo da semana en Faro de Vigo critico os recurtes que na educación pública promove a Consellaría de Educación. A Consellaría de Educación aproveitou o cansazo da fin de curso para anunciar unha medida moi polémica: a ampliación en catro horas do horario lectivo do profesorado de infantil, primaria e educación especial. O conselleiro […]

Lectura pracenteira

Unha peza provocadora (un chisco esquemática) para abrir debate sobre os criterios de fomento da lectura e da formación do criterio literario que se utilizan no marco do ensino obrigatorio. Vía Carta Xeométrica.