Galicia Hoxe

O peche de Galicia Hoxe é o enésimo fracaso colectivo do proxecto de Galicia como nación cidadá. O ecosistema da lectura en galego, esa arboriña que agarimamos dende hai máis de cento cincuenta anos, perde outro dos seus froitos máis preciosos.  Inevitablemente, dende hoxe todo este ecosistema e toda a súa biodiversidade quedará moi danado; sen esquecer que despois de ter desaparecida xa toda a prensa impresa en galego, os perigos que corremos outros sectores do tecido empresarial da lectura en galego son moi considerables. Sabemos que traballamos á intemperie, nas condicións máis adversas dos últimos trinta anos; como sabemos, tamén, que para facer viables os nosos proxectos só contamos coa intelixencia, esforzo e teimosía dos cadro de profesionais de cada unha das empresas e coa forza e apoio que nos achegan os lectores e lectoras. No marco da fraxilidade provocada pola profunda mudanza do paradigma da comunicación informativa e cultural, non hai outro camiño para soster os medios de lectura en galego que esta corresponsabilidade entre profesionais e lectores. O futuro da nación, da cultura e da lingua dependerá de nós, do esforzo e do compromiso de cada un dos milleiros e milleiros de galeguistas dispostos a non desistir no seu afán.  Sinálao certeiramente Caetano Díaz no peche do seu afouto artigo de despedida: “é tempo de silencio”.

8 comentarios
  1. caralladas
    caralladas Dice:

    Aparte doutras cousas que tamén inflúen, o ‘ecosistema de lectura en galego’ tamén sofre da nosa eterna pasión polas leiriñas: en vez dun xornal ou dous fortes, preferimos ter corenta, de calidade inferior á media por falta de recursos (como apunta hoxe ‘sihomesi’) e, iso si, xornal que se desvíe unha coma da miña ideoloxía, ‘a la hoguera con el por vendido al enemigo’.

    Responder
  2. pacquiao vs marquez
    pacquiao vs marquez Dice:

    The next time I learn a weblog, I hope that it doesnt disappoint me as much as this one. I imply, I know it was my choice to read, however I actually thought youd have one thing fascinating to say. All I hear is a bunch of whining about one thing that you may fix when you werent too busy looking for attention.

    Responder

Trackbacks y pingbacks

  1. Black Friday 2011…

    Ideal websites, I’ve right bookmarked as their favorite information technology…

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará